Skip to Content

Historia

Historia do IES Cabo Ortegal

 

Para a construcción do instituto de Cariño a Asociación de Veciños de Cariño tomou a iniciativa na loita do pobo para que este se construíra en Mera, non en Santa Marta de Ortigueira. É difícil sintetizar a unión, a solidariedade, a lección de civismo que as xentes de todas as zonas participantes deron. Houbo representacións de Figueiroa, A Pedra, Sismundi, Feás e Landoi, actualmente parroquias do concello de Cariño; así como de San Adrián, Campo do Hospital, A Barqueira, Somozas, Moeche, Cerdido, Montoso, Esteiro, Mera Darriba, Espasante, Mera, Cedeira e, por suposto, Cariño. En total, unhas 10.000 persoas botáronse á rúa. Ademais recibíronse na sede da A. VV. De Cariño moitos comunicados de adhesión de centrais sindicais e partidos políticos.

Tras a publicación na prensa local da próxima construcción do instituto de Ortigueira comezou a loita, xuntándose todas as entidades e agrupacións do pobo de Cariño. O 12 de novembro de 1977 unha representación da Asociación de Veciños de Cariño entrevistouse co Delegado Provincial de Educación, acompañados por representantes das asociacións e institucións locais. E por fin houbo instituto.

No ano 1978 comezáronse a impartir as clases a un grupo de 37 alumnos de 1º BUP nunha aula cedida pola Confraría de Pescadores e con tres profesores. Estiveron na Confraría en total tres anos, ata que xa non había espazo nin para alumnos nin para profesores.

No curso 1980-81 estreouse o primeiro edificio, entón de Formación Profesional, xunto á praia da Basteira, e no seguinte curso cederon unha planta para as actividades de BUP. Finalmente foise cumprindo o soño do pobo de Cariño de contar cun IES novo.

No curso 2005/06, ao cumprirse  o noso 25 aniversario, trasladámonos ao novo edificio, situado na zona coñecida como a Lagoa, dotado con mellores e máis completas instalacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut