Skip to Content

MICRO ABERTO Kirti

14/05/2024 11:00
14/05/2024 11:30

As persoas que asistimos ó recreo de Micro Aberto do pasado martes tivemos a sorte de coñecer un pouco máis sobre a India da man dunha autóctona. Kirti, a nosa auxiliar de lingua inglesa, descubriunos algunhas curiosidades sobre o seu país. Falounos da súa cultura, amosounos algúns costumes, descubriunos a persoeiros importantes, contounos datos sobre a súa gastronomía e moito máis! Grazas, Kirti!
E si ti tamén queres descubrir cousas tan interesantes coma esta, non faltes á próxima cita dos #recreosdemicroaberto!!




evento | by Dr. Radut