NOVAS
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024
(renovación bienal)
CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS
CIRCULAR INFORMATIVA PARA O ALUMNADO
Do 1 ao 8 de novembro: prazo para a presentación de candidaturas aos distintos sectores, conforme ao formulario dispoñible na Secretaría do centro e/ou na seguinte ligazón.
Impreso de presentación de candidatura
Dito impreso poderase entregar en secetaría ou por envío ao enderezo electrónico ies.breamo@edu.xunta.gal
RUTA DE SENDEIRISMO E EN KAIAK PARA O ALUMNADO PARTICPANTE NO PROGRAMA TITORAXUDATE
O alumnado de 1º e 3º de ESO participante no programa TitorAxudante gozaron nunha ruta de sendeirismo e kaiak. O obxectivo deste programa é facilitar a integración do alumnado, mellorar as habilidades sociais e formar ao alumnado na resolución de conflictos.
DÍA DO LIBRO
Nas titorías da ESO, así como nalgunhas clases de linguas estranxeiras e certas optativas, como Oratoria, o noso alumnado escolleu un fragmento de diferentes obras representativas da literatura, tanto en galego como en castelán, inglés e francés.
O alumnado axudante de biblioteca trouxo ata o patio do IES un baúl cheo de libros e, como podedes ver… así comezaron as lecturas.
ESCOLA DE NAIS E PAIS - CHARLA COAS FAMILIAS
XOVES 18 DE ABRIL ÁS 17:00 H. NO SALÓN DE ACTOS
Estimadas familias:
Dirixímonos a vostedes para convidarvos a unha charla que leva por título “Comprendendo a Pubertade e Adolescencia”: por que é importante acompañar neste proceso.
As relatoras son Mª Victoria Fernández Mosquera e Paula Dopico González, especialistas en trastornos da conduta do Equipo de Orientación Específico da Coruña.
Contamos coa túa presenza.
Atentamente,
Equipo directivo e departamento de orientación do IES Breamo
OS EQUIPOS “CRAKS EUMESES” E TECNOFRAGAS” ACADAN O 2º e 7º POSTO NAS OLIMPÍADAS DA ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑARÍA DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.
Á chegada hoxe, martes 11 de abril, á Escola de Camiños, Canles e Portos, había unha recepción no salón de actos aos 16 equipos participantes de centros de toda Galicia.
Despois das pertinentes expliacións realizaron as seguintes probas:
.- A primeira proba, “Arco de doelas”, consistirá na construción dun arco de doelas no menor tempo posible e cun máximo de 15 minutos.
.- Na segunda proba, “Ponte Da Vinci”, os equipos terán que construír unha ponte de taboleiros de madeira e contarán cun tempo máximo de 15 minutos.
.- A terceira proba, nomeada “Presa-Dique”, baséase na construción dunha presa de materiais soltos que minoren o paso da auga, intentando que o tempo de infiltración sexa o maior posible. Contarán para realizar esta proba un tempo de 5 minutos.
.- Na cuarta proba, co nome de “ A enxeñaría de camiños e as súas obras”, os estudantes terán 15 minutos para montar o maior número de crebacabezas de gran tamaño posibles con imaxes de obras de enxeñaría.
.- A quinta proba, “LogisTIC, consistirá en transportar o máximo número de contedores nun tempo de 15 minutos.
.-Na última proba, “Xogando a ser enxeñeiro”, terán que superar o máximo número de desafíos cun videoxogo de construción en 15 minutos.
Unha vez feito o reconto de puntos por parte da organización, o equipo "Cracks Eumeses” obtivo o segundo posto na Olimpíada e o “Tecnofragas” un meritorio 7º posto.
Pero o máis importante foi a convivencia con estudantes doutros centros e gozar dunha mañá onde puxeron en práctica o aprendido estas semanas, demostrando a súa capacidade de aprendizaxe, colaboración e compromiso co equipo.
Parabéns!
MOBILIDADE ERASMUS+ DO PROFESORADO DO IES BREAMO
Durante os meses de febreiro e marzo, os profesores Lucinio Medel e Gloria Castro participaron, a través do CFR de Ferrol, nunha mobilidade no marco do Erasmus+.
No caso de Lucinio, xunto co outros docentes españois, poido coñecer de primeira man a realidade educativa grega; profundar na civilización helénica da man de directores de teatro, actrices e docentes expertos en técnicas de interpretación e posta en escena para aplicar na aula; revisar os papeis de heroínas e heroes así como os roles de xénero nas traxedias Antígona e Edipo de Sófocles.
Ademais, visitaron os centros educativos número 3 e número 4 realizando obradoiros teatrais e observación docente entre iguais.
No caso de Gloria, o destino foi Dijon: xunto con outros membros de equipos directivos da zona de Ferrol, realizaron observación en aulas sobre a inclusión, o plurilingüismo e a educación dixital. Ademais, visitaron sete centros educativos nos que realizaron obradoiros, reunións coas direccións e observación docente entre iguais.
CINE CON PERSPECTIVA
O alumnado de 2º ESO C participou nun obradoiro do programa “Cine con perspectiva”, que tivo como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes na narrativa do cinema e noutras formas de expresión audiovisual. O alumnado creou un produto (guión, plan de rodaxe...) para pór en escena unha sinxela produción audiovisual baixo a temática da desigualdade no trato nas relacións en función do xénero.
VIAXE Á CORUÑA: ESCALADA E VISITAS AO ACUARIUM E Á DOMUS - 2/04/2024
A actividade de escalada foi financiada pola Deputación da Coruña.
CURSO DE SOPORTE VITAL BÁSICO – ALUMNADO DE 1º BAC
O alumnado de 1 de bacharelato do IES Breamo asistiu este martes, 2 de abril, a un curso de Soporte Vital Básico impartido pola Dra. Yesica López Curbeira e seis profesionais máis da zona sanitaria de Ferrol.
As nocións recibidas, tanto teóricas como prácticas, estaban relacionadas coa reanimación cardio pulmonar tanto en adultos como en bebés; así como actuación en caso de atragoarse, persoas inconscientes e uso do DESA.
TORNEO ESCOLAR DE FÚTBOL FEMININO
Onte o I.E.S. Breamo participou nun encontro escolar de fútbol feminino. Nesta xornada os centros participantes foron os de Betanzos, Monfero, Miño, Mugardos e Pontedeume.
As nosas alumnas demostraron que dando o mellor de cada unha pódense alcanzar bos resultados; as cadetes gañaron todos os partidos disputados e as infantís quedaron terceiras.
Foi unha mañá moi entretida para todas afianzando relaciónelas intercentros.
A organización realizouna Deporte Escolar Galego e desenvolveuse nos polideportivos de Monfero e Irixoa.
CONVOCATORIA DE BECAS PARA ENSINANZAS POSTOBRIGATORIAS (UNIVERSIDADE, BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL, ENSINANZAS ARTÍSTICAS, ENSINAZAS DEPORTIVAS, ENSINANZAS DE IDIOMAS…) PARA O CURSO 2024-2025
PRAZO DE SOLICITUDE: DO 19 DE MARZO AO 10 DE MAIO DE 2023
A solicitude deberá cumprimentarse mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación no enderezo. https://sede.educacion.gob.es |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »