MOBILIDADE ERASMUS+ DO PROFESORADO DO IES BREAMO

Durante os meses de febreiro e marzo, os profesores Lucinio Medel e Gloria Castro participaron, a través do CFR de Ferrol, nunha mobilidade no marco do Erasmus+. 

No caso de Lucinio, xunto co outros docentes españois, poido coñecer de primeira man a realidade educativa grega; profundar na civilización helénica da man de directores de teatro, actrices e docentes expertos en técnicas de interpretación e posta en escena para aplicar na aula; revisar os papeis de heroínas e heroes así como os roles de xénero nas traxedias Antígona e Edipo de Sófocles.

Ademais, visitaron os centros educativos número 3 e número 4 realizando obradoiros teatrais e observación docente entre iguais.

No caso de Gloria, o destino foi Dijon: xunto con outros membros de equipos directivos da zona de Ferrol, realizaron observación en aulas sobre a inclusión, o plurilingüismo e a educación dixital. Ademais, visitaron sete centros educativos nos que realizaron obradoiros, reunións coas direccións e observación docente entre iguais.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer