Taboleiro de secretaría

CALENDARIO ACTIVIDADES

Avda. Ricardo Sánchez, 5 (Pontedeume) 881930435 ies.breamo@edu.xunta.gal

 

SAMAÍN 2024

ENTRADA DE MEDO

O IES Breamo celebrou este ano o SAMAÍN con escenas de diferentes películas: A nena do exorcista, Drácula, The Ring, Zombies…

 Un ano máis, despois da benvida, con berros e risas incluídas, a SANTA COMPAÑA encargouse de vixiar as lecturas de terror para que ninguén se atrevese a dicir que non á antoloxía de textos de terror feita polo equipo da biblioteca, o club de lectura e os departamentos de linguas.

PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE “EL CIRCO DE LAS MARIPOSAS"

Este venres, 25 de outubro, o alumnado de 1º e 3º ESO participou conxuntamente nunha  actividade enmarcada no programa TitorAxudante. Proxectouse a historia “O circo das Mariposas”, que se centra na superación persoal, na autoestima e na importancia de crer nun mesmo como clave para afrontar retos e dificultades. A segunda parte da actividade consistiu na reflexión das escenas visionadas, quedándolle claro, ao noso alumnado, a importancia do recoñecemento das cualidades positivas propias e dos demais.

 

BASES DOS CONCURSOS

Microrrelatos

Epitafios

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

Estudantes do IES Breamo de Cabanas (A Coruña) ofreceron aos veciños do Concello de Cabanas ”lixo de proximidade”. 

Os veciños da localidade coruñesa que decidiron saír a pasear pola Avenida do Areal, foron sorprendidos cunha peculiar cata de produtos do mar que lles ofreceron os alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES Breamo, para conciencialos dos efectos irreversibles do cambio climático e o seu impacto na nosa saúde.

Estes mozos, metidos no seu papel de camareiros de restaurante, ofreceron aos seus comensais “lixo de proximidade” recollida na contorna do Concello, a fin de demostrar que o mar está cheo de residuos e que, sen darnos conta, acaban nos nosos organismos a través da alimentación, de feito, segundo aseguran, consumimos semanalmente o equivalente a un cartón bancario en microplásticos.

A proposta, ideada e deseñada polos propios estudantes, ten como obxectivo concienciar aos seus veciños e veciñas sobre o lixo que tiramos e que, na maioría das ocasións, acaba no mar, coas terribles consecuencias que estas accións teñen para o planeta e a poboación.

 

SAÍDA DO ALUMNADO DE 1º ESO ÁS FRAGAS DO EUME - organizada polo Grupo Naturalista Hábitat.

O alumnado de 1º de ESO participa nuna actividade organizada polo Grupo Naturalista Hábitat.

Esta tivo como obxectivo avaliar a situación dun tramo do río Eume mediante o estudo de indicadores de calidade fisicoquímica da auga e a análise do estado de conservación dos bosques de ribeira. Utilizáronse bioindicadores como invertebrados e plantas acuáticas.

Grazas ao Grupo Naturalista Hábitat a actividade foi gratuíta para o alumnado do IES Breamo.

Parabéns para os compoñentes do citado Grupo (Manuel Cernada, Roi Cuba, Elia Pérez e Antón Prego) pola súa atención e explicacións.

AMIGOS ENTRAÑABLES

Unha aproximación aos usos contemporáneos nos nomes de animais desde a escola. Produción audiovisual realizada polo alumnado de 1º e 3º de ESO (curso 2023-24). Profesora do grupo: Anxos García Fonte.

INICIO DAS CLASES

No IES Breamo dará inicio o curso escolar 2024-25 o día 11 DE SETEMBRO.

A presentación farase de forma ordenada con atención ós seguintes horarios:

11:00 H.- PRESENTACIÓN DOS TITORES E TITORAS CO ALUMNADO DOS SEUS GRUPOS (1º ESO)

11:30 H.- PRESENTACIÓN DOS TITORES E TITORAS CO ALUMNADO DOS SEUS GRUPOS (2º ESO)

12:00 H.- PRESENTACIÓN DOS TITORES E TITORAS CO ALUMNADO DOS SEUS GRUPOS (3º ESO)

12:30 H.- PRESENTACIÓN DOS TITORES E TITORAS CO ALUMNADO DOS SEUS GRUPOS (4º ESO)

13:00 H.- PRESENTACIÓN DOS TITORES E TITORAS CO ALUMNADO DOS SEUS GRUPOS (BAC)

 

ASISTENCIA Á PRESENTACIÓN DO INICIO DO CURSO (ALUMNADO DA ESO)

Lémbrase aos responsables do alumnado da ESO, que unha vez que o alumnado entre no centro para asistir ás presentacións non poderá abandonar o mesmo ata que finalice a xornada (ás 14:10 h). 

Quedará eximido disto o alumnado que traia unha autorización asinada ou a persoa autorizada veña buscalo. Pódese descargar desde a páxina web do centro. Autorización para a saída do centro.

 

ACCESO AO CENTRO

O alumnado accederá ao recinto escolar segundo as indicacións que se poden visualizar no documento Planos de aulas e accesos. Planos de aulas e accesos.

 

AUTOBÚS ESCOLAR

No caso de que o alumnado faga uso do transporte escolar contará co servizo no horario habitual e será atendido polo profesorado do centro ata a hora da presentación cos titores e titoras. Ao remate da actividade lectiva, ás 14:10 h, o transporte realizará a súa ruta correspondente.

 

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

Os libros do fondo solidario, xunto co xustificante de entrega, entregaranse ao alumnado da ESO o día 11 de setembro durante a presentación co titor ou titora. O alumnado devolverá durante a seguinte semana dito xustificante debidamente asinado polos seus responsables legais.

 

ROTEIRO DO CLUB DE LECTURA

Roteiro por el Modoñedo de Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Marina Mayoral e Pascual Veiga do club de lectura do IES  Breamo xunto co club de lectura de Neda.

Visitamos unha biblioteca histórica, a casa- museo de Álvaro Cunqueiro, a ponte do Pasatempo, a catedral e ata unha imprenta.

Foi un pracer compartir este día co alumnado e as profesoras do IES de Neda.

E sobre todo co alumnado do noso centro.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer