NOVAS

CURSO 2024-25

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 

LISTAXE DEFINITIVA

Consultar na Secretaría do centro ou no aplicativo web (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/)

A entrega dos vales para material escolar realizarse entre o 26 e o 31 de xullo e a partir do 2 de setembro en horario de 09:30 h a 13:30 h. 

 

MATRÍCULAS E IMPRESOS 

DATAS PARA A FORMALIZACIÓN

ESO / BAC

IMPRESOS

1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º BAC 2º BAC

 

LIBROS DE TEXTO

Listado por cursos

 

TRANSPORTE: rutas e paradas

Para ver o percorrido (Google Maps) de cada ruta para o curso 2024/25 prema aquí. 

 

COMEDOR:

Autodeclaración comedor para o curso 2024/25 prema aquí. 

CONCURSO DE MICRORRELATOS DO IES BREAMO

O Equipo de Dinamización da Lingua galega do IES Breamo convoca de novo o Concurso de Microrrelatos do IES Breamo, que chega este curso á súa undécima edición, dirixido á comunidade educativa do IES Breamo.

Preme aquí para ver as bases do concurso.

 

EXPOSICIÓN: O LIBRO E A ESCRITURA

No IES Breamo a partir de hoxe... exposición do libro e a escritura, coa colaboración do IES Fernando Esquío de Neda. Durante estas semanas os alumnos da ESO e 1ºBAC visitarán a exposición e farán un breve cuestionario. Levarán tamén un marcapáxinas de agasallo! Se tedes algunha suxerencia para a nosa biblioteca, podedes escribila en comentarios.

FAI CLICK AO TEU BOCATA

O alumnado de 1º de ESO participa no programa “Fai click ao tu bocata”, enmarcado dentro da campaña “Galicia sabe a Mar” da Xunta. O obxectivo é transmitir a importancia dos produtos en conserva, do pescado e marisco na dieta, en relación ás súas propiedades nutritivas.

Así, un total de 69 alumnos do noso centro participaron o pasado mércores nun dinámico obradoiro  no que degustaron bocadillos elaborados a base de conservas de pescado e mariscos. 

 

CAROLINA E LAURA NO CONCURSO "CANTA FERROL"

Carolina Panadeiro e Laura Picos fotografadas no instituto tras o seu paso por Canta Ferrol. As alumnas do IES Breamo que pasaron a criba para ser semifinalistas (33 de 160 inscritos) someteron as súas actuacións na primeira gala ás votacións a través de YouTube. 

Para a gala final, na que tamén se tivo en conta os votos do xurado, houbo 15 elixidas. Carolina foi unha delas.

Parabéns para Laura e Carolina!

CAMBIO CLIMÁTICO NO PRATO

O Concello de Cabanas desenvolve no IES Breamo para o alumnado de 2º ESO un obradoiro de cocina sostible e saudable.

A iniciativa, organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e promovida por People & Planet aposta polo aproveitamento dos alimentos e primando o emprego dunha ampla variedade de produtos repercutindo positivamente tanto na saúde como na pegada medioambiental.

O alumnado gozou cociñando e coa degustación dos pratos: salpicón de peixe e fabas con ovo encurtido, ñoquis de grelo en salsa carbonara e musse de requeixo con toffe e confitura de arándanos.

 

INTERCAMBIO ESCOLAR DO IES BREAMO CO COLEXIO SAINT-JOSEPH E O INSTITUTO NOTRE-DAME DU MUR DE MORLAIX

20 alumnos e alumnas de 1ºBAC, 4ºESO e 3ºESO participaron nun échange scolaire (intercambio escolar) co lycée Notre Dame du Mur e o collège Saint-Joseph de Morlaix. Dito intercambio tiña a súa base nun proxecto non só lingüístico, senón tamén medioambiental, baixo o lema “protejamos nuestra tierra”. É por iso que, entre as actividades organizadas en Morlaix e vilas cercanas, como Roscoff e Saint-Pol-de-León, destacan a visita a unha empresa ostrícola, mercados e invernadoiros ecolóxicos que promoven o mercado local e de proximidade.

ELAS SEMPRE LEVAN O 8

Hoxe o alumnado de 2º de ESO desprazouse a Casa da Cultura de Pontedeume para participar nun videoforum sobre a igualdade e o deporte. 

Baixo o título “Elas sempre levan o 8”,  Joshua Dopico López (Concelleiro de deportes), Óscar Losada Castro (director de las revistas deportivas “O Dez” e “Zona Press”) e Carlos Castro Pinhão (director da revista de fútbol feminino) analizaron, xunto ao alumnado do noso IES, a discriminación e a desigualdade que sufriron e seguen padecendo as mulleres no mundo do deporte.

 

O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO INFÓRMASE SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR

Coa escaseza cada vez maior de reservas de combustibles fósiles, estanse a formular unha serie de alternativas para satisfacer a cada vez máis importante demanda de enerxía por parte do ser humano. Unha das posibilidades é a utilización de enerxía nuclear, unha enerxía que non ten moi boa aceptación por parte da opinión pública. Nesta charla divulgativa expuxéronse as principais vantaxes e problemas da utilización deste tipo de enerxía co fin de que o alumnado teña unha idea global e poida opinar por si mesmo se é ou non unha aposta segura.

 


O ALUMNADO DE 4º DE ESO FÓRMASE EN GASTRONOMÍA MOLECULAR

O obxectivo principal da charla foi amosar unha cociña coma un laboratorio de investigación, con explicación sobre as principais transformacións químicas que teñen lugar nunha cociña de maneira sinxela. 

Cando cociñamos os alimentos, estes (reactivos químicos) sofren cambios físicos (cambios de estado, color, peso) e cambios químicos (cambios de composición) debido aos diferentes procesos aos que están sometidos: pelado, cortado ou cocción entre outros.   

 

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

No IES Breamo celebramos o día da poesía lendo un manifesto de Fran Alonso en todas as aulas: este manifesto pon en valor este xénero literario desde un punto de vista que se achega aos adolescentes.

Ademais, en colaboración co Concello de Pontedeume e acompañados doutros centros do noso pobo, o alumnado de 1ESO participou no recital de poesía e sementou os seus poemas.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer