Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Aves de Galicia

Vistas da exposición

Ata o día 23 de marzo podedes gozar da exposición “Aves de Galicia” que se exhibe no vestíbulo do instituto.

A través desta exposición tedes a posibilidade de coñecer as diferentes especies de aves que podedes atopar en Galicia e os diferentes tipos de hábitats da avifauna da nosa comunidade. A mostra pretende tamén valorizar os recursos ornitolóxicos galegos e promover o gusto pola observación das aves, así como diversos consellos para afeccionarse ao seu estudo e espertar unha actitude positiva.

A exposición foi cedida gratuitamente polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

A Guarda sen plásticos (manequín challenge)


Este manequín challenge forma parte do Proxecto Interdisciplinar de 1º ESO: "A Guarda sen plástico" onde traballan os Departamentos de Inglés, Matemáticas, Plástica e Bioloxía conxuntamente. Foi producido polo alumnado de 1º ESO coa axuda de Maria José Saborido, Beatriz Núñez, Pablo Gaiteiro, Sandra Santos e Xoana Alonso. Tamén axudou o persoal da cafetaría: Javi e Tamara.

O proxecto está dividido en tres fases:

  1. Formación do alumnado sobre o uso dos plásticos e os efectos no medio, que se desenvolveu no primeiro trimestre.
  2. Realización dunha enquisa e análise matemático das respostas, que se está a levar a cabo esta mesma semana no centro.
  3. Interpretación e publicación dos resultados por distintos medios. Comparación entre os resultados da nosa enquisa e os resultados das enquisas doutros institutos europeos. Farase durante o terceiro trimestre.

Dentro do proxecto, creouse un TwinSpace en eTwinning. Este portal europeo permite a grupos de estudantes de toda Europa estar en contacto con estudantes doutros países para facer traballos xuntos. Neste caso, estamos en contacto con un instituto de Sassuolo (Italia) e outro de Kutaisi (Georgia) cos que imos comparar os resultados da enquisa.

Estudo topográfico e da biodiversidade da praia da Lamiña

15/12/2016 08:20
Etc/GMT+1

 

foto grupo

Alumnado de Bioloxía e Xeoloxía e de Portugués de 4º de ESO realizaron unha actividade de campo na praia da Lamiña para determinar o seu perfil topográfico e estudar a súa biodiversidade vexetal. A actividade estivo guiada pola profesora de Portugués Marisa Guerra e o profesor de Bioloxía e Xeoloxía, Juan Hermida.

A actividade práctica enmárcase dentro das actividades complementarias do alumnado nas correspondentes materias así como no estudo que o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía leva realizando nos últimos anos da desembocadura do río Miño ao abeiro do proxecto “Un mar de coñecemento” dentro dos contratos programa.

Nesta ocasión o alumnado determinou o perfil topográfico da praia, actividade que volverán repetir en primavera xa que o perfil topográfico das praias cambia ao longo do ano en fución das estacións meteorolóxicas. Así mesmo, realizouse un estudo da biodiversidade vexetal dos fenais, o que permitirá determinar as diferentes adaptacións das especies vexetais a este medio físico. O alumnado de Portugués, realizará un estudo das especies vexetais, a súa relación coa denominación en lingua portuguesa e a súa importancia etnográfica.

Os resultados destes traballos exporanse a final de curso para toda a comunidade educativa.

Un monstro vén verme

24/11/2016 08:20
24/11/2016 16:30
Etc/GMT+1
Onte 109 alumnas e alumnos de 1° e 2° de ESO gozaron dunha xornada didáctica diferente: asistiron ao cine en Vigo, onde viron a película Un monstruo viene a verme, e visitaron o Museo Etnográfico Liste, onde percorreron cun guía as 8 exposicións permanentes sobre diferentes aspectos da nosa cultura, e unha exposición itinerante, "En feminino: a silente presenza", que busca reflectir o traballo feminino dos derradeiros séculos en Galicia. Mágoa que o tempo non permitise completar o programa co paseo botánico polo Castro, tal como estaba pogramado.
Distribuir contido


by Dr. Radut