Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

PRIMEIROS AUXILIOS: TÉCNICAS QUE SALVAN VIDAS

Conscientes da importancia da formación en primeiros auxilios, os departamentos de Bioloxía e Educación Física organizaron uns obradoiros dirixidos ao alumnado de 4º de ESO durante o mes de maio, impartidos por José Palacios Aguilar, coordinador do Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo (GIAAS) e profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña. 

O alumnado participante no programa STEMBach do IES A Sangriña defende os seus traballos de investigación ante un tribunal.

Os pasados días 7 e o 8 de maio, tivo lugar a defensa pública diante dun tribunal, dos traballos de investigación realizados polos alumnos e alumnas do IES A SANGRIÑA participantes no programa STEMBach, iniciado en 2018 co obxectivo de avaliar a calidade ambiental do entorno costeiro da Guarda. Durante os dous anos de desenvolvemento do programa, o alumnado deseñou e redactou os seus propios proxectos, desenvolveu unha importante fase experimental e redactou as súas memorias compatibilizando este traballo cos estudos de bacharelato.

Os traballos valorados o día 7 de maio, ante o tribunal formado por Edita López e Iria Rodríguez, profesoras do Departamento de Física e Química do IES A Sangriña, e presidido por Emilio Fernández Suárez, Catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, foron presentados por:

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Como sabedes, desde a semana pasada estamos a levar a cabo un ciclo de charlas de prestixiosas científicas galegas no noso centro. Con esta actividade perseguimos varios obxectivos, entre os que podemos destacar dar a coñecer o labor destas mulleres de ciencia, rachar con estereotipos de xénero ou ofrecer referentes á rapazada. Máis información aquí.

 

Comeza a posta en marcha da metodoloxía experimental no programa STEMBach

Os proxectos avanzan e, neste caso, dous (Lucía e Brais) dos que formamos parte do grupo STEMBach-A Sangriña empezamos a traballar no laboratorio para determinar as condicións nas que podemos manter en cultivo individuos da ameixa asiática (Corbicula fluminea). Tamén estivemos facendo unha disección dalgúns individuos para estudar a súa anatomía.

O obxectivo dos nosos proxectos é empregar este bivalvo para determinar os efectos nos seres vivos da contaminación por hidrocarburos, metais pesados e microplásticos.

Distribuir contido


by Dr. Radut