Skip to Content

A Guarda sen plásticos (manequín challenge)


Este manequín challenge forma parte do Proxecto Interdisciplinar de 1º ESO: "A Guarda sen plástico" onde traballan os Departamentos de Inglés, Matemáticas, Plástica e Bioloxía conxuntamente. Foi producido polo alumnado de 1º ESO coa axuda de Maria José Saborido, Beatriz Núñez, Pablo Gaiteiro, Sandra Santos e Xoana Alonso. Tamén axudou o persoal da cafetaría: Javi e Tamara.

O proxecto está dividido en tres fases:

  1. Formación do alumnado sobre o uso dos plásticos e os efectos no medio, que se desenvolveu no primeiro trimestre.
  2. Realización dunha enquisa e análise matemático das respostas, que se está a levar a cabo esta mesma semana no centro.
  3. Interpretación e publicación dos resultados por distintos medios. Comparación entre os resultados da nosa enquisa e os resultados das enquisas doutros institutos europeos. Farase durante o terceiro trimestre.

Dentro do proxecto, creouse un TwinSpace en eTwinning. Este portal europeo permite a grupos de estudantes de toda Europa estar en contacto con estudantes doutros países para facer traballos xuntos. Neste caso, estamos en contacto con un instituto de Sassuolo (Italia) e outro de Kutaisi (Georgia) cos que imos comparar os resultados da enquisa.

Este proxecto busca concienciar do impacto dos plásticos no medio, e mudar certos usos no noso centro e na nosa vida cotiá, para tratar de frear a nosa pegada ecolóxica. O manequín challenge realizouse como vídeo presentación de parte do alumnado implicado no proxecto.

logo

 



story | by Dr. Radut