Skip to Content

O club do antifás

CdA 16

Para o proxecto do curso 2015/16 temos o orgullo de que contaran co noso centro nun pioneiro proxecto denominado EpDLab, unha proposta que financia a Consellería de Educación e desenvolveron a empresa Gingko e a ONG Agareso. Acompáñannos na aventura os institutos de Viana do Bolo, Ames, A Guarda e Navia de Suarna.

Da súa man traballaremos no EpDLab cos novos formatos audiovisuais (memes, vine, contrapublicidade, subtitulado, falso documental, etc)  relacionados con temas da educación para o desenvolvemento: igualdade, cultura colectiva, racismo, sexismo, ecoloxía, etc.

CdA 17

O CdA 17 tivo por obxectivo facer pezas audiovisuais ó servizo doutros proxectos de centro, nomeadamente ó Proxecta "Longa ollada pola Ruta Translatio" e ó programa de prevención de acoso escolar promovido desde Orientación.

Para isto, colaboramos coa A.C. Olloboi traballando de forma pilo co método Aprendo con Olloboi, un blog con vídeos (Olloclases) e actividades interactivas, cuxo resumo vos deixamos ó final da páxina. 

Rematamos o curso con 3 interesantes traballos:

Explorando ferramentas no CdA!

Levamos  xa varias docencias con Roi e María, de Agareso, dentro do proxecto deste ano (Epdlab). Subtitulamos, doblamos, gravamos Vines... a idea é  denunciar comportamentos sexistas, xenófobos, racistas, etc, dun xeito creativo. Botade un ollo no Blog CdA!

CdA 15: AquaeCultura

ste ano imos traballar a Cultura como ferramenta formativa e de cohesión social. O noso alumnado do CdA convertirase por un ano en Xestor Cultural para propoñer actividades ó Encontro de Embarcacións Tradicionais que terá lugar en Cabo de Cruz, Boiro, en xullo do 2015.

  • Instalación Aquaecultura: unha aproximación ó mundo do mar desde diferentes ópticas: saúde, deporte, ciencia, arte, mitoloxía... Cada área trátase nun cartaz con imaxes, e os cartaces van mergullados nun tanque de auga, dentro de caixas de peixe antigas. Para ver as imaxes do póster hai que empregar unha "caixa de espello", un dispositivo que se usaba antigamente para pescar centolas. Acompañando cada cartaz hai un audio en 4 idiomas que completa a información. Os audios estarán aloxados en tablets que se mercaron para o centro, e que durante o Encontro de Embarcacións estarán no lugar desta orixinal instalación

EpDLab (Club do Antifás 2015/16)

O proxecto deste curso 2015/16 chega da man de 2 prestixiosas empresas: Gingko, experta en comunicación audiovisual, e AGARESO, unha ONG de xornalistas moi enfocada cara a educacion para o desenvolvemento.

Fumos 5 os centros escollidos para participar: Viana do Bolo, Navia de Suarna, A Guarda, Ames e Boiro. Unha honra! No noso Blog do CdA podes seguir o día a día das actividades, ver fotos e vídeos, etc

O proxecto tratará temas como a manipulación da información, o racismo, a igualdade de oportunidades, a ecoloxía, etc, a traveso de formatos audiovisuais como Vine, gifs, memes, contrapublicidade, etc. O EpDLab (Eduación para o desenvolvmento) desenvolverase ó longo de todo o curso, e na súa páxina web poderán verse os produtos que tanto nós coma os nosos compañeiros de aventura vaiamos creando.

Aquí vos deixamos unha presentación onde se explica todo:

Obradoiro creativo social


O club do antifás é un obradoiro voluntario, un proxecto extraescolar, que non extracurricular. O que nel abordamos son temas transversais presentes nos currículos de tódalas áreas.

Eis a nosa web: http://clubdoantifas.iesacachada.org/

Distribuir contido


by Dr. Radut