Skip to Content

Blog oriéntate

DIARIO DUNHA CORENTENA

 

Querida rapazada,

 

Levo moitos día sen escribir porque estivemos atope coas avaliacións. O equipo de profas e profes estivemos valorando a vosa situación académica e tamén persoal nunha reunión virtual para poder tomar as mellores decisións posibles. Ser xustos nesta situación non é fácil, entre outras cousas, porque non tivéchedes opción de facer todas as  probas previstas. Pero nós, temos que seguir as ódenes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ao igual que todos os centros educativos da comunidade.

 

Para o 3º trimestre, a cousa cobra maior importancia, trátase da avaliación final de curso ou etapa, e tendes que esforzarvos sendo contantes día a día. NON POSPOÑADES AS TAREFAS. Mantede un contacto o máis directo posible co voso profesorado.

 

Sabedes que o Concello de Boiro puso a disposición de quen o necesite a posibilidade de  impresión gratuita de fichas e apuntes necesarios para os vosos estudos durante o confinamento. Así que si precisades deste servizo, COMUNICÁDELLO AO VOSO PROFESORADO TITOR ou, se preferides, podédesmo comentar a través da miña conta de correo sabemalva@gmail.com

 

Outra nova importante para o alumnado que solicitou as probas de acceso á ciclos de grao medio é que xa saíu publicado a listaxe de admitidos. Penso que estades todos, mirade na seguinte ligazón www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8670

DIARIO DUNHA CORENTENA

Feliz finde camaradas,

hoxe aproveitaremos que é sábado para facer algo diferente. Propóñovos un reto, si estades nalgún grupo WhatsApp (de amigos, familiar...), acordade unha hora e enviade un selfie con algún hashtag molón sobre como vos sentides con toda esta situación que estamos a vivir. Reservádeo porque nun futuro faranos falta, e non vos conto máis.

Sabedes que  hai moitas queixas  sobre si a xestión do confinamento tivo en conta as necesidades da cativada. Vos que opinades? Hoxe ás 18.00 está previsto un aplauso por todos os peques e polos non tan peques. No cartaz que rula polas redes sociais non especifica que o haxa que facer pola ventá ou balcón, pero eu entendo que si. 

Sobre a necesidade de saír á ventá non só  para poder sentir o sol e o vento, senón para sentirnos acompañados e unidos, vai o vídeo de hoxe. Agardo que vos guste. Unha aperta!

DIARIO DUNHA CORENTENA

Bos días  rapazada, 

hoxe quero transmitirvos unha mensaxe de tranquilidade. Ao mellor moitos de vos xa o sabedes polos medios de comunicación (aínda que eu non escoitei nada máis que o relativo ás probas de acceso á universidade).Pois ben,  as Comunidades Autónomas xunto co Ministerio de Educación chegaron ao consenso de manter o calendario escolar tal e como estaba.  

Sei que se especulou moito nas redes sociais, sobre todo nas que  máis vos gustan, sobre si se ía ter que repetir curso ou si vos quedábades con menos vacacións. Agora xa tendes a certeza de que nada máis lonxe da realidade.

Ademais, a Conselleira de Educación, Carmen Pomar informa que tamén se acordou  avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril. Ademais, decidiuse suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica. Carmen Pomar agradeceu o esforzo que están a facer tanto docentes como familias para manter a poboación escolar activa e contribuír así á normalidade nesta situación excepcional.

DIARIO DUNHA CORENTENA

Queridas alumnas e alumnos, 

como ides neste decimoterceiro día de #euquedonacasa? Onte vin un post en Instagram de Isabel Coixet (a miña directora de cine favorita) que dicicía exactamente que Hacer nada está muy subvalorado; eu penso que ten razón, ás veces paga a pena pararse, non facer nada, e resetear un pouco a nosa cacholiña.

En todo caso, como vos coñezo un pouquiño, supoño que ás veces o aburrimento chamará á vosa porta, ou quizais o enganche por unha única tarefa invada todo o voso tempo, pensei que o vídeo da youtuber Inés Nortes 100 cousas que podemos facer metidos na casa, vos daría algunha idea para reencontravos ou reinvertarvos nestes días de confinamento.

 

Bueno, unha aperta enooooooorme! Mañá miraremos algo de técnicas de estudo.

A vosa orienta (sabemalva@gmail.com / @sabe.rg (Instagram)

DIARIO DUNHA CORENTENA

Ola rapazada, 12 días de confinamento!!  Outro día máis quedaremos na casiña evitando que a curva de gauss de contaxios medre como a espuma.

Hoxe quería comentarvos que estou algo preocupada. Moitos de vos non vós agregastes ás classrooms. Igual pensades que ao non ser tarefas avaliables, son voluntarias. Iso non é así, as tarefas en si mesmas non terán unha cualificación, pero o contido que se traballa nelas vai ser avaliado no seu momento.  Polo tanto, é moi importante que vaides levando o traballo ao día, incluso pode darse o caso que se avance materia aínda que non en exceso.

Asemade, as correcións que vos fan os profesores e profesoras vai ser un aliciente no voso proceso de aprendizaxe, permitindo entender mellor os contidos, sabelos aplicar e superar os erros que cometades.

Si estás repetindo, si che quedou algunha na 1º avaliación ou se estás en 4º curso ponte as pilas canto antes, senon corres perigo de non ser quen de seguir o ritmo da clase cando te poñas ou que no momento da avaliación para a promoción de curso teñas serios problemas. Lembra que non ESTAMOS DE VACACIÓNS.

Unha aperta enoooooorme! 

A vosa orienta

DIARIO DUNHA CORENTENA

Boas alumnos e alumnas. Xa levamos 11 días de confinamento e, a verdade, xa se vos bota de menos. 

Son días raros, que supoñen un desafío individual e social, días nos que lonxe das monotonías e bullicios poderédesvos mirar ao espello con calma, como cando érades cativos e vos víades como unha superheroína ou superheroe.

Tamén son días que nos axudan a ver o realmente importante das nosas vidas, pois damos por feitas moitas cousas boas que temos, polo que nunca estamos conformes con nada. 

 

Déixovos unha imaxe e unha curta sobre a reflexión de hoxe e xa me contaredes.

Acordadevos de levar todas as tarefas ao día!

Unha aperta! 

A vosa orienta Sabela (sabemalva@gmail.com)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut