Querida rapazada,
Levo moitos día sen escribir porque estivemos atope coas avaliacións. O equipo de profas e profes estivemos valorando a vosa situación académica e tamén persoal nunha reunión virtual para poder tomar as mellores decisións posibles. Ser xustos nesta situación non é fácil, entre outras cousas, porque non tivéchedes opción de facer todas as probas previstas. Pero nós, temos que seguir as ódenes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ao igual que todos os centros educativos da comunidade.
Para o 3º trimestre, a cousa cobra maior importancia, trátase da avaliación final de curso ou etapa, e tendes que esforzarvos sendo contantes día a día. NON POSPOÑADES AS TAREFAS. Mantede un contacto o máis directo posible co voso profesorado.
Sabedes que o Concello de Boiro puso a disposición de quen o necesite a posibilidade de impresión gratuita de fichas e apuntes necesarios para os vosos estudos durante o confinamento. Así que si precisades deste servizo, COMUNICÁDELLO AO VOSO PROFESORADO TITOR ou, se preferides, podédesmo comentar a través da miña conta de correo sabemalva@gmail.com
Outra nova importante para o alumnado que solicitou as probas de acceso á ciclos de grao medio é que xa saíu publicado a listaxe de admitidos. Penso que estades todos, mirade na seguinte ligazón www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8670
Bueno, chegou o momento de desconectar das tarefas escolares e de aproveitar o tempo libre como vos pete.
Seguirei escribindo, unha aperta enooooooorme!
A vosa orienta,
Sabela