O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.
Ler libros e contos é unha forma de educar sobre a violencia de xénero e a igualdade.
Dende o centro ofrecémosvos algunhas recomendacións de lectura, xa que somos conscientes do importante que é comezar a educar en valores de igualdade dende idades moi temperás.