Ola familias:
Esta semana celebramos o día internacional contra a violencia de xénero, polo que consideramos importante traballar xuntos, tanto os docentes como as familias, para romper cos estereotipos e promover a igualdade de xénero tanto na escola como na sociedade.
Nesta sección recomendámosvos algunhas películas (na primeira imaxe) e contos infantís (na segunda imaxe), que nos axudan a romper con estes estereotipos e favorecen a transmisión de valores de respecto, tolerancia e igualdade entre homes e mulleres.
Xa sabedes que podedes acceder a eles premendo nas iconas das imaxes.
#BibliotecasSTOPviolencia
Un saúdo.