Orientación

CAMBIO DE BLOG DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

✨ Se suspende el examen de admisión - CETIS 17

Debido aos problemas técnicos para subir documentos nesta sección da páxina do centro, a partir de agora todo o relativo ao Departamento de Orientación deste curso o atoparédelo nun blog denominado “O curruncho da orientadora”.

Podedes acceder a el dende o seguinte link:

https://ocurrunchodaorientadora.blogspot.com

Tamén podedes atopar o acceso directo na marxe dereita desta páxina na sección que leva por título “BLOGS” onde se atopan ademais os blog da biblioteca, de Educación Infantil e de Segundo de Educación Primaria.

Moitas grazas.

RECOMENDACIÓNS BÁSICAS ÁS FAMILIAS SOBRE AUDICIÓN E LINGUAXE.

Discapacidad auditiva casos prácticos audición y lenguaje ...

 Orientacións básicas para favorecer o desenvolvemento lingüístico do neno/a no ámbito familiar.

  • Non pretender que a nena/o fale correctamente á primeira, leva o seu tempo.
  • Acepte con alegría (e manifesta) tódolos intentos de mellora de articulación que faga o súa filla/o.
  • Si a/o nena/o persiste en pronunciar unha palabra de forma incorrecta non o/a ateigue, pero recórdelle, repetíndoa ben vostede como é correctamente a palabra. A nena/o non debe entender que a súa mala articulación se dá por boa.
  • As cousas denominaranse correctamente. Non falarlle con linguaxe de bebé.
  • Non debes esixirlle un esforzo que non sexa capaz de realizar. O seu fillo/a non debe ter sentimentos de impotencia.
  • O seu neno/a adquire a linguaxe vendo cousas, tocándoas. Provoque situacións de diálogo, suscite preguntas...
  • Non empregue vocabulario complicado nin intente soster conversacións superiores á súa capacidade.
  • Hai que facer que se esforce e non dirixirlle en exceso de forma que só conteste con “si” ou “non”.
  • Libros de imaxes, historietas contadas con palabras e xestos, cancións infantís con ritmo e melodía apropiados enriquecerán o seu vocabulario e darán a súa fala expresividade e entoación.
  • Falarlle lentamente, con entoación normal e pronunciación clara.
  • Evitar repetir as palabras mal articuladas polo neno/a aínda que sexan graciosas.
  • Falarlle de cousas que lle interesan e que poden chamar a súa atención.
  • Introducirse nos seu xogos, de forma que se favoreza o diálogo.
  • Utilizar a corrección indirecta: Cando nos toque a quenda de responder ou continuar a conversación devolver ó neno/a o que dixo mal de forma correcta sen facerlle sentir incompetente. Exemplo: se di: ¨Dóeme a tateta¨ podemos responder : Ah, dóeche a cabeza.
  • Darlle ocasión para que conte o que fixo e o que pensa, evitando facerlle preguntas excesivas e animándoo/a falar.
  • Comezar tranquilamente usando ¨quendas¨. Respectar as quendas de conversación na familia.
  • Non adiantarse e non concluír nin as palabras nin as oracións que lle costa a el/ela dicir.
  • Darlle confianza, que sinta que o que di é importante e que vai a ser escoitado.
  • Eliminar todo intento de que fale correctamente.
  • Evitar calquera comentario ou expresión facial que nostre desaprobación da fala do neno/a. Polo contrario, débese tratar de adoptar unha expresión nuetra (como se falara ben).
  • Tratar de non mostrarse impaciente ou desconcertado ante a súa fala.
  • Non castigar ou chamar a atención ó neno/a pola súa fala.
  • Verbalizar con el/ela tódalas conductas: ó lavar nomear as partes do corpo, o vestirse o nome da roupa...
  • Lerlle contos para incrementar o seu vocabulario e afeccionalo ál ectura.
  • Cando se lle piden cousas nomealas coa palabra exacta. Fuxir de palabras tales como: “iso”, “ese chisme”,....
  • Que leve unha dieta sólida para exercitar a mastigación.
  • Evitar hábitos de chupar o dedo, o lapis, o pescozo dascamisas,...Ensinarlle a sonarse a nariz.
  • Exercitar os movementos da boca con todo tipo de estratexias e xogos:
  • Xogos para exercitar os movementos da boca: exemplos: tirar bicos, facer vibralos beizos imitando o son da moto, movementos de lingua (sacar a lingua rápido/lento, relamberse os labios), inchar os carrillos...exercicios de mastigación (mastigar ben o filete, o pan...), mascar chicles, facer xogos de mímica, etc. Cun chupa chups facer que o suxeite cos beizos e nós tirar facendo forza para fortalecer a súa musculatura labial.
  • Outros xogos:

- Xogos para traballar a respiración e o sopro: beber auga por pallas, inflar globos, facer pompa de xabón, soprar verlas, ulir distintos perfumes, facer gargarexos, coller aire e aguantar certo tempo sen respirar, etc.
- Imitar ós animais: como fai a vaca, o gato, o can...
- Escoitar sons: paxaros, o vento,ras...
- Dicir palabras: xogar a dicir palabras que empecen por unha vogal dada, por unha consoante...

 

Moito ánimo.

 

Departamento de Orientación 

 

 

XOGAR AS ADIVIÑAS COS MÁIS E NON TAN PEQUENOS

Hoxe para animarvos propoñémovos xogar as adiviñas cos máis e non tan pequenos. É unha forma entretida de traballar a atención e concentración ao ter que adiviñar a resposta correcta.

Veña...A XOGAR!!!

 

La imagen puede contener: texto que dice "Adivinanza MÁS en el campo y soy redondito me gusta el lodo soy bien cochinito" ¿Quién soy? Cerdo"

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

La imagen puede contener: texto

La imagen puede contener: texto que dice "Adivinanza MÁS S "Tengo una melena y también soy muy veloz asusto a toda la gente con el rugido de mi ¿Quién soy?"

La imagen puede contener: texto que dice "Adivinanza MÁS "Soy enorme y mi boca es muy grande tengo fuertes colmillos no hay quien me gane" ¿Quién soy? Hipopótamo"

La imagen puede contener: texto que dice "Adivinanza MÁS "Soy muy ágil y me gusta saltar salto de árbol en árbol y nadie me puede alcanzar" soy? Mono"

La imagen puede contener: texto que dice "Adivinanza MÁS en el campo y me gusta cantar canto cada mañana para a la familia despertar" ¿Quién soy? Gallo"

La imagen puede contener: texto que dice "Adivinanza MÁS S "Soy muy alta mi cuello es el mejor nadie alcanza las hojas tanto como lo hago yo" ¿Quién soy? Jirafa"

ANSIEDADE E ESTRÉS. TÉCNICAS E CONSELLOS PARA COMBATILOS.

 

Hoxe colgamos esta presentación, creada persoalmente, sobre un tema tan importante como é a ansiedade e o estrés.  É imprescindible saber cando estamos ansiosos para utilizar técnicas que nos permitan calmarnos e tranquilizarnos.

Aquí aportamos unha serie de ideas que poden ser de utilidade á hora de traballar cos vosos fillos/as.

Moito ánimo.

ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA PARA O ALUMNADO DE AL DENDE 3º-6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Ficha de expresión escrita | I.E.S. La Loma

 

 

A seguir....

Desta vez subimos un arquivo adxunto de Expresión Escrita para o alumnado que asiste a apoio de AL, dende o 3º curso de Educación Primaria ata 6º desta etapa educativa.

É importante realizar unha ficha desta sección por día, dentro do posible. 

 

Dentro dunha semana subiremos outro documento desta índole.

 

Recordade:

Lectura, Expresión Oral y Escrita: Frases motivadoras para leer

 

 

 

Moito ánimo.

 

RECOMENDACIÓNS IMPORTANTES PARA FAMILIAS E ALUMNADO

Que é aquilo que debemos facer durante estes días de corentena?

  • Establecer unha rutina diaria que se deberá conformar en rangos xerais por tarefas de responsabilidade, tarefas de auto-coidado e tarefas de ocio.  Tres piares fundamentais para poder seguir activos dentro da situación que estamos a vivir.
  • Axustar a túa nova vida ó máximo posible co que facíamos antes.

Valorar os aspectos positivos desta situación:

  • Este confinamento pode ser unha oportunidade extraordinaria para pasar máis tempo en familia, falar cos vosos fillos/as, sen presa....en definitiva, desfrutar do máis apreciado que temos.
  • Este confinamento vai a supoñer un respiro para o planeta: menos tránsito de vehículos, máis aproveitamento dos recursos da casa, mellorar administración dos alimentacións, etc.
  • Este confinamento permitirá valorar a importancia de ter un teito, acceso a luz e auga, acceso a alimentación, recollida de residuos...

Importancia de manter os teus horarios:

  • Horario de traballo: seguir traballando se é posible e senón adaptar novas responsabilidades e tarefas.
  • Horario de descanso: interromper o menos posible o hábito de descanso e sono que tiñamos antes.
  • Horario e hábitos de comida: igual que antes, interromper o menos posible este hábito, xa que podemos  caer na situación de comer de maneira compulsiva e sen orde.
  • Horarios de hixiene: estar na casa non significa estar todo o día en pixama, sen ducharnos, sen vestirnos ou peitearnos. Os hábitos de hixiene son fundamentais neste momento.
  • Horarios de ocio e tempo libre: é un bo momento para incorporar na nosa vida todas esas actividades que non tiñamos tempo de facer.

- As persoas acostumadas a ter moita interacción con outras persoas, poden servirse de chamadas ou vídeo-chamadas para ter ese  momento de actividade social.

- Auto-coidado: importante tomar unha parte do día e da semana para facer deporte, meditar, escribir, mimarnos... (un bo baño relaxante, arranxarnos e vernos ben...).

- Aproveitar este tempo para aprender cousas novas (coser, cociñar, manualidades, papiroflexia, pintar, facer quebracabezas...).

- É un bo momento para recuperar os lazos comunicativos intrafamiliares que perderamos, recuperar vellas costumes dentro de casa (reunirnos na mesa, xogar a xogos de mesa, ver películas....).

Cousas que non debemos facer durante estas semanas:

  • Pasar todo o día en pixama, vendo películas ou series, e atacando a despensa.
  • Recorrer constantemente a pensamentos de proxección futura. É momento de vivir o agora e saborear o momento.
  • Monopolizar noso tema de conversación. Sabemos o que está pasando, debemos estar informados, pero non todo o tempo debemos falar o mesmo. Xa que isto solo pode axudarnos a aumentar os novos niveis de ansiedade.
  • Ter constantemente as noticias postas na tele ou recorrer a elas por internet.

Recomendacións para pasar tempo en casa:

  • Elaborar unha táboa de rutinas cos pequenos:

- Conversar con eles sobre a realización dunha táboa de rutinas e construíla xuntos.

- Facer unha choiva de ideas para as tarefas que van a realizar dentro da mesma.

- Utilizar unha cartolina.

- Facer debuxos das tarefas.

- Ser flexible na súa execución.

  • Establecer dentro das táboas de rutina, un tempo para o reforzamento académico e escolar, así a través de actividades lúdicas ou didácticas que lle permitan os nenos/as aprender e desfrutar do tempo de deberes na casa.
  • Dentro das actividades introducir algunhas que xeren movementos corporais como: bailes, exercicios, circuítos, ioga ou Mindflulness.
  • Establecer conversacións asertivas e que sempre vaian dirixidas en positivo, validando e escoitando as súas emocións ou necesidades.
  • Conversar sobre os seus sentimentos, que cousas lle xeran medo ou confusión, darlle un color e forma a esa emoción, preguntándolle tamén en que parte do corpo a senten e cerrar brindándolle contención.
  • Elaborar na casa un espazo ou curruncho da calma onde podan estar para volver a estar tranquilos, cando se sentan preocupados, con medos ou confundidos. Alí poden ter: contos, botellas, bolsas sensoriais, plastilina, burbullas...
  • Demostrar moita contención emocional a través de abrazos, caricias e moita presenta.

Debemos decidir en QUE ZONA QUEREMOS ESTAR:

DINÁMICA "RETRINCO DE CORES" DE GIPCE

 

Seguimos...

O “Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias veñen de publicar o caderno “Retrincos de cores”,un material útil para abordar esta emerxencia sanitaria con nenos/as a través do debuxo.

 

Animámosvos a visitalo e a que o realizades cos vosos fillos/as. É unha maneira de expresar emocionalmente, mediante debuxos ou historias, como estamos a vivir esta situación.

https://copgalicia.gal/system/files/PDFs/xerais/retrincos_de_cores_0.pdf

Moito ánimo.

VISITA O PORTAL EDUCATIVO "AULAS GALEGAS"

 

 

 

Animámosvos a visitar o portal educativo de Aulas Galegas, xa que nace co obxectivo axudar ao alumnado, ás familias e ó resto do profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.

Nel podedes atopar recursos de atención á diversidade, curtas das aulas, enredos, ferramentas e lecturas de todos os niveis educativos (dende Educación Infantil ata Ciclos de Formación Profesional).

Así mesmo, tamén atoparedes o apartado de “orientación” do cal o noso centro educativo forma parte, cunha multitude de recursos de diversa temática: intelixencia emocional, técnicas de estudo, convivencia, como evitar a ansiedade, etc.

 

Podedes acceder a páxina principal dende este enlace:

http://aulasgalegas.org/aulas-galegas-o-proxecto/

 

E para acceder a parte de “orientación” neste outro:

http://aulasgalegas.org/category/orientacion/

 

Un saúdo.

RECOMENDACIÓNS DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA

Resultado de imagen de Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

 

Dende o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia envíannos a toda a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado) unha serie de recomendacións elaboradas pola Sección de Psicoloxía Educativa para que teñamos en conta estas semanas:

 

PARA O ALUMNADO:

  • Sabemos que estrañas o teu grupo de compañeiros, compañeiras e amizades, as súas apertas e os seus bicos. Pensa que está situación é transitoria.
  • Son tempos de estar nas redes sociais para estar conectados pero lembra facer uso responsable. Coidado co que colgues nas redes.
  • Colabora nas tarefas do fogar segundo a túa idade.
  • O voso profesorado está tamén conectado, cumpre coa túa parte académica.
  • É a vosa hora, sacade a vosa creatividade e iniciativas.

 

PARA AS FAMILIAS:

  • Mantede a calma nas súas conversas e nos seus actos. A actitude da familia é a que van adoptar os vosos fillos e fillas.
  • Transmitídelle que a responsabilidade é de todos, empezando pola casa.
  • Xestiona o tempo da dedicación dos teus fillos ou fillas ás redes sociais.
  • Pensade en positivo, tedes que sacar dos vosos fillos e fillas as o mellor que teñen.
  • Axúdalles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos, inquedanzas.
  • Fóra os bulos. Informádevos nas fontes fiables, páxinas webs da Consellería de Sanidade, de Educación e dos correspondentes Ministerios.

 

PARA O PROFESORADO:

  • Racionalizade o traballo que enviedes ao voso alumnado. Lembrade que o alumnado, como toda a comunidade educativa está pasando por unha situación de estrés transitoria.
  • Non todo son cuestións académicas, non esquezades o eido emocional do voso alumnado.

 

Un saúdo.

ACTIVIDADES DE ATENCIÓN E CONCENTRACIÓN ALUMNADO AL- 3º EDUCACIÓN PRIMARIA

TDAH

 

Bos días:

Nesta entrada deixamos material para o alumnado de 3º Educación Primaria que traballa co especialista de Audición e Linguaxe.

O alumnado deberá comezar dende a páxina 25 en diante, xa que as anteriores xa están realizadas con anterioridade no centro educativo.

Material descargable no seguinte link:

https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2017/12/FICHAS-DE-ATENCIÓN.pdf

 

Calquera dúbida escribide ao correo de orientación: orientación.cpivirxedomonte@hotmail.com

 

Un saúdo e ánimo!!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer