RECOMENDACIÓNS BÁSICAS ÁS FAMILIAS SOBRE AUDICIÓN E LINGUAXE.
Orientacións básicas para favorecer o desenvolvemento lingüístico do neno/a no ámbito familiar.
- Non pretender que a nena/o fale correctamente á primeira, leva o seu tempo.
- Acepte con alegría (e manifesta) tódolos intentos de mellora de articulación que faga o súa filla/o.
- Si a/o nena/o persiste en pronunciar unha palabra de forma incorrecta non o/a ateigue, pero recórdelle, repetíndoa ben vostede como é correctamente a palabra. A nena/o non debe entender que a súa mala articulación se dá por boa.
- As cousas denominaranse correctamente. Non falarlle con linguaxe de bebé.
- Non debes esixirlle un esforzo que non sexa capaz de realizar. O seu fillo/a non debe ter sentimentos de impotencia.
- O seu neno/a adquire a linguaxe vendo cousas, tocándoas. Provoque situacións de diálogo, suscite preguntas...
- Non empregue vocabulario complicado nin intente soster conversacións superiores á súa capacidade.
- Hai que facer que se esforce e non dirixirlle en exceso de forma que só conteste con “si” ou “non”.
- Libros de imaxes, historietas contadas con palabras e xestos, cancións infantís con ritmo e melodía apropiados enriquecerán o seu vocabulario e darán a súa fala expresividade e entoación.
- Falarlle lentamente, con entoación normal e pronunciación clara.
- Evitar repetir as palabras mal articuladas polo neno/a aínda que sexan graciosas.
- Falarlle de cousas que lle interesan e que poden chamar a súa atención.
- Introducirse nos seu xogos, de forma que se favoreza o diálogo.
- Utilizar a corrección indirecta: Cando nos toque a quenda de responder ou continuar a conversación devolver ó neno/a o que dixo mal de forma correcta sen facerlle sentir incompetente. Exemplo: se di: ¨Dóeme a tateta¨ podemos responder : Ah, dóeche a cabeza.
- Darlle ocasión para que conte o que fixo e o que pensa, evitando facerlle preguntas excesivas e animándoo/a falar.
- Comezar tranquilamente usando ¨quendas¨. Respectar as quendas de conversación na familia.
- Non adiantarse e non concluír nin as palabras nin as oracións que lle costa a el/ela dicir.
- Darlle confianza, que sinta que o que di é importante e que vai a ser escoitado.
- Eliminar todo intento de que fale correctamente.
- Evitar calquera comentario ou expresión facial que nostre desaprobación da fala do neno/a. Polo contrario, débese tratar de adoptar unha expresión nuetra (como se falara ben).
- Tratar de non mostrarse impaciente ou desconcertado ante a súa fala.
- Non castigar ou chamar a atención ó neno/a pola súa fala.
- Verbalizar con el/ela tódalas conductas: ó lavar nomear as partes do corpo, o vestirse o nome da roupa...
- Lerlle contos para incrementar o seu vocabulario e afeccionalo ál ectura.
- Cando se lle piden cousas nomealas coa palabra exacta. Fuxir de palabras tales como: “iso”, “ese chisme”,....
- Que leve unha dieta sólida para exercitar a mastigación.
- Evitar hábitos de chupar o dedo, o lapis, o pescozo dascamisas,...Ensinarlle a sonarse a nariz.
- Exercitar os movementos da boca con todo tipo de estratexias e xogos:
- Xogos para exercitar os movementos da boca: exemplos: tirar bicos, facer vibralos beizos imitando o son da moto, movementos de lingua (sacar a lingua rápido/lento, relamberse os labios), inchar os carrillos...exercicios de mastigación (mastigar ben o filete, o pan...), mascar chicles, facer xogos de mímica, etc. Cun chupa chups facer que o suxeite cos beizos e nós tirar facendo forza para fortalecer a súa musculatura labial.
- Outros xogos:
- Xogos para traballar a respiración e o sopro: beber auga por pallas, inflar globos, facer pompa de xabón, soprar verlas, ulir distintos perfumes, facer gargarexos, coller aire e aguantar certo tempo sen respirar, etc.
- Imitar ós animais: como fai a vaca, o gato, o can...
- Escoitar sons: paxaros, o vento,ras...
- Dicir palabras: xogar a dicir palabras que empecen por unha vogal dada, por unha consoante...
Moito ánimo.
Departamento de Orientación