RECOMENDACIÓNS DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA
Dende o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia envíannos a toda a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado) unha serie de recomendacións elaboradas pola Sección de Psicoloxía Educativa para que teñamos en conta estas semanas:
PARA O ALUMNADO:
- Sabemos que estrañas o teu grupo de compañeiros, compañeiras e amizades, as súas apertas e os seus bicos. Pensa que está situación é transitoria.
- Son tempos de estar nas redes sociais para estar conectados pero lembra facer uso responsable. Coidado co que colgues nas redes.
- Colabora nas tarefas do fogar segundo a túa idade.
- O voso profesorado está tamén conectado, cumpre coa túa parte académica.
- É a vosa hora, sacade a vosa creatividade e iniciativas.
PARA AS FAMILIAS:
- Mantede a calma nas súas conversas e nos seus actos. A actitude da familia é a que van adoptar os vosos fillos e fillas.
- Transmitídelle que a responsabilidade é de todos, empezando pola casa.
- Xestiona o tempo da dedicación dos teus fillos ou fillas ás redes sociais.
- Pensade en positivo, tedes que sacar dos vosos fillos e fillas as o mellor que teñen.
- Axúdalles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos, inquedanzas.
- Fóra os bulos. Informádevos nas fontes fiables, páxinas webs da Consellería de Sanidade, de Educación e dos correspondentes Ministerios.
PARA O PROFESORADO:
- Racionalizade o traballo que enviedes ao voso alumnado. Lembrade que o alumnado, como toda a comunidade educativa está pasando por unha situación de estrés transitoria.
- Non todo son cuestións académicas, non esquezades o eido emocional do voso alumnado.
Un saúdo.