RECOMENDACIÓNS IMPORTANTES PARA FAMILIAS E ALUMNADO

Que é aquilo que debemos facer durante estes días de corentena?

  • Establecer unha rutina diaria que se deberá conformar en rangos xerais por tarefas de responsabilidade, tarefas de auto-coidado e tarefas de ocio.  Tres piares fundamentais para poder seguir activos dentro da situación que estamos a vivir.
  • Axustar a túa nova vida ó máximo posible co que facíamos antes.

Valorar os aspectos positivos desta situación:

  • Este confinamento pode ser unha oportunidade extraordinaria para pasar máis tempo en familia, falar cos vosos fillos/as, sen presa....en definitiva, desfrutar do máis apreciado que temos.
  • Este confinamento vai a supoñer un respiro para o planeta: menos tránsito de vehículos, máis aproveitamento dos recursos da casa, mellorar administración dos alimentacións, etc.
  • Este confinamento permitirá valorar a importancia de ter un teito, acceso a luz e auga, acceso a alimentación, recollida de residuos...

Importancia de manter os teus horarios:

  • Horario de traballo: seguir traballando se é posible e senón adaptar novas responsabilidades e tarefas.
  • Horario de descanso: interromper o menos posible o hábito de descanso e sono que tiñamos antes.
  • Horario e hábitos de comida: igual que antes, interromper o menos posible este hábito, xa que podemos  caer na situación de comer de maneira compulsiva e sen orde.
  • Horarios de hixiene: estar na casa non significa estar todo o día en pixama, sen ducharnos, sen vestirnos ou peitearnos. Os hábitos de hixiene son fundamentais neste momento.
  • Horarios de ocio e tempo libre: é un bo momento para incorporar na nosa vida todas esas actividades que non tiñamos tempo de facer.

- As persoas acostumadas a ter moita interacción con outras persoas, poden servirse de chamadas ou vídeo-chamadas para ter ese  momento de actividade social.

- Auto-coidado: importante tomar unha parte do día e da semana para facer deporte, meditar, escribir, mimarnos... (un bo baño relaxante, arranxarnos e vernos ben...).

- Aproveitar este tempo para aprender cousas novas (coser, cociñar, manualidades, papiroflexia, pintar, facer quebracabezas...).

- É un bo momento para recuperar os lazos comunicativos intrafamiliares que perderamos, recuperar vellas costumes dentro de casa (reunirnos na mesa, xogar a xogos de mesa, ver películas....).

Cousas que non debemos facer durante estas semanas:

  • Pasar todo o día en pixama, vendo películas ou series, e atacando a despensa.
  • Recorrer constantemente a pensamentos de proxección futura. É momento de vivir o agora e saborear o momento.
  • Monopolizar noso tema de conversación. Sabemos o que está pasando, debemos estar informados, pero non todo o tempo debemos falar o mesmo. Xa que isto solo pode axudarnos a aumentar os novos niveis de ansiedade.
  • Ter constantemente as noticias postas na tele ou recorrer a elas por internet.

Recomendacións para pasar tempo en casa:

  • Elaborar unha táboa de rutinas cos pequenos:

- Conversar con eles sobre a realización dunha táboa de rutinas e construíla xuntos.

- Facer unha choiva de ideas para as tarefas que van a realizar dentro da mesma.

- Utilizar unha cartolina.

- Facer debuxos das tarefas.

- Ser flexible na súa execución.

  • Establecer dentro das táboas de rutina, un tempo para o reforzamento académico e escolar, así a través de actividades lúdicas ou didácticas que lle permitan os nenos/as aprender e desfrutar do tempo de deberes na casa.
  • Dentro das actividades introducir algunhas que xeren movementos corporais como: bailes, exercicios, circuítos, ioga ou Mindflulness.
  • Establecer conversacións asertivas e que sempre vaian dirixidas en positivo, validando e escoitando as súas emocións ou necesidades.
  • Conversar sobre os seus sentimentos, que cousas lle xeran medo ou confusión, darlle un color e forma a esa emoción, preguntándolle tamén en que parte do corpo a senten e cerrar brindándolle contención.
  • Elaborar na casa un espazo ou curruncho da calma onde podan estar para volver a estar tranquilos, cando se sentan preocupados, con medos ou confundidos. Alí poden ter: contos, botellas, bolsas sensoriais, plastilina, burbullas...
  • Demostrar moita contención emocional a través de abrazos, caricias e moita presenta.

Debemos decidir en QUE ZONA QUEREMOS ESTAR:

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer