Dinamización da Lingua Galega
Material sobre Vidal Bolaño
Mural de Infantil - Freixeiro sobre Roberto Vidal Bolaño
22/05/2013
AUTOR, ACTOR E PÚBLICO DE AQUÍ é a proposta que nos envía este ano a Secretaría Xeral de Política Lingüística para traballar en Infantil e Primaria.
É unha idea elaborada polo CEIP A.D.R. Castelao de Rianxo.
O día 20 de maio chegou ao noso centro este material (dez carteis e unha guía, editados co gallo do Día das Letras Galegas de 2013).
Aínda que non chegou para a data sinalada (17 de maio) poñémolo a vosa disposición na biblioteca de Primaria porque pensamos que vos pode servir para achegar aos vosos nenos/as actividades que propicien a dinamización da nosa lingua dun xeito transversal e dinámico.
Tamén se pode consultar nesta páxina da Xunta.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
XXIV Certame Intercentros do Concello de Narón
05/05/2013
Todo o alumnado de Infantil e Primaria participou nas modalidades de murais, conto ilustrado e cómic. Os seus traballos estarán expostos no Pazo da Cultura de Narón ata o día 20 de maio. Todos recibirán un premio pola súa participación.
En expresión oral podía participar todo o alumnado de infantil primaria e secundaria. Nesta modalidade conseguiron premio:
- Alicia, Joel, Manuela e Rebeca, de 1º ESO, que representaron a obra de teatro " Un caso verídico".
En expresión escrita foron premiados os seguintes alumnos:
- Alicia Santos Lago de 1º ESO conseguiu dous premios, un en narrativa co seu relato "Carreira cara a morte", e outro na modalidade de cómic co seu traballo titulado "Distracción".
- Belén Seoane Barcia de 2º ESO levou o premio de Poesía, polo seu poema "Sentimentos".
- Martín Lage Ares de 4º Diver. foi premiado pola súa reportaxe xornalística sobre o "Downhill".
Todos eles acudirán ao Pazo da Cultura o vindeiro 14 de maio para recibir o seu premio, acompañados dalgúns dos seus compañeiros e profesores.
FELICIDADES AOS PREMIADOS E
GRAZAS A TODOS OS QUE PARTICIPARON.
GRAZAS TAMÉN A TODO O PROFESORADO
QUE COLABOROU E AXUDOU AOS NENOS E NENAS.
Chegou a hora
Versión en HD: http://youtu.be/4a4aDwDq7-s?hd=1
Non recomendado para menores de sete anos
14/03/2013
Animados pola fantástica experiencia do lipdub do pasado ano, comezamos este novo curso coa intención de proseguir coa gravación de ideas que rondaban por algunhas cabeciñas. De camiño pensamos que a festa do Samaín era unha boa ocasión para convocar aos rapaces maiores e facer unhas tomas dunha procesión de cabazas e candeas... a idea sentou de marabilla e acudiron entusiasmados unha tarde de novembro para disfrazarse e facer cantas escenas fosen requiridas!
Case á vez, xurdiu outra proposta para un vídeo dunhas rapazas de 2º da ESO e ocorréusenos que podía ser boa idea mesturar as dúas cousas. De aí foi agromando o guión desta historia "de medo" ambientada no Feal e protagonizada por rapaces de 2º e 4º de ESO.
Aínda que o primeiro día de gravación desa segunda parte da historia foi algo desalentador (os risos eran tan irreprimibles que as caras dos actores e actrices non daban nadiña de medo!!), os que viñeron despois foron deixando claro que a cousa prometía. Pouco a pouco fomos gravando as distintas escenas, pensando na montaxe, na música,... ata que - xa case postos nas vacacións de Nadal - conseguimos facernos coa última toma necesaria. Á volta das vacacións puxémonos cos remates: a montaxe definitiva, as últimas pezas da banda sonora, os créditos... e chegou a hora da estrea, xa entrado o mes de marzo! Postos a escoller unha data, pensamos nos números e gustounos que fose o 13 do 3 do 2013, ás 20:13h, cando xa se ía indo a luz do día.
Nota pintoresca: Xa temos presentada a curtametraxe no Festival de Cans!!
Versión en HD: http://youtu.be/r-Mf26laVug?hd=1
Celebramos o Día de Rosalía
24/02/2013
Desde o CPI do Feal decidimos participar na celebración do Día de Rosalía, establecido o 24 de febreiro conmemorando a data do seu nacemento. Seguindo unha iniciativa da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) fixemos a gravación do poema 22 de Cantares gallegos.
Nela interveñen catro rapaces do noso centro que non son galegos de orixe:
- XIEMIAO LIU, China, 1996 (3º ESO Diversificación)
- NABIL TOUIJAR, Marrocos, 1995 (PCPI)
- FERNANDA MORALES LOPERA, Colombia, 1998 (3º ESO)
- CATHERINE FERNÁNDEZ FACCHIN, Uruguai, 1998 (3ºESO)
Temos que felicitar a estes catro rapaces e transmitirlles a emoción e agradecemento cos que nos contestaron desde a AELG nestes días ao recibir o noso traballo.
Pódense ver todas as lecturas colectivas dos distintos centros participantes en www.aelg.org (aínda que tardan moito en cargarse).
Xa está aquí A Tribo 2012
10/01/2013
Un ano máis, grazas a toda a xente que participou na nova edición da nosa revista. Esta vez chega cun pouco de retraso, pero xa está dispoñible en papel e en formato dixital. O alumnado que rematou a ESO ou o PCPI en 2012, pode recoller o seu exemplar en papel na Conserxería.
Concursos de Nadal
12/12/2012
GRAZAS
A todo o alumnado de Secundaria pola súa participación no concurso:
“O NOSO CALENDARIO”
Os traballos seleccionados son de:
Alicia Santos | 1º de ESO A |
Luís Fernández | 1º de ESO B |
Sergio Riesgo | 1º de ESO C |
Jorge Espiñeira | 1º de ESO C |
Silvia Felpete | 2º de ESO A |
Joel Fernández | 2º de ESO B |
Catherine Fernández | 3º de ESO A |
Xiemiao Liu | 3º Diver. |
Silvia Fachado | 4º de ESO A |
Violeta Varela | 4º de ESO B |
Tania López | 4º Diver. |
Ainoa Fernández | PCPI |
GRAZAS
A todos os nenos e nenas de Infantil e Primaria que participaron no concurso:
“TARXETA DE NADAL”
Saíron seleccionadas as tarxetas de:
Gabriel Pardo Buján | 6º A |
Helena Ferreira | 1º A |
GRAZAS
Aos titores, titoras e profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria pola súa colaboración, imprescincible para a realización destes traballos dos nosos nenos e nenas.
Aí vén o Nadal
Un ano máis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convida aos alumnos e alumnas de Infantil e Primaria a participar na creación artística dunha tarxeta de Nadal.
En Secundaria, poderedes participar coa ilustración que acompaña o calendario do vindeiro ano 2013. O tema que escollemos é PEGADAS NO TEMPO.
Os titores e titoras comunicarán aos seus grupos as bases para elaboralos.
Pode parecer que falta moito, pero como todo ten que ir á imprenta xa é hora de ilo facendo!
Data límite de entrega: día 30 de novembro
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN
Chegou a hora
08/11/2012
Isto é tan só un avance (mellor en HD) dunha historia máis longa que aínda está en preparación. Será difícil que estea rematada antes do Nadal, pero nunca se sabe. Moitas grazas a toda a xente que xa colaborou neste pequeno proxecto audiovisual. Hai algunha foto da xornada de gravación no álbum Samaín 2012 da nosa Galería.
A música (tanto neste vídeo coma no inicial de proba) é do grupo islandés Sigur Rós.
Teatro. Memorias dun neno labrego
08/11/2012
Nestes días o alumnado da ESO asiste á Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón.
Puidemos ver a Cándido Pazó co monólogo que conmemora os 50 anos da publicación da obra Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas.
En palabras do propio actor, na súa versión da obra introduce, ademais de elementos da novela, "retazos de memoria persoal" e "elementos de humor" procurando que o público se manteña "vivo" durante toda a representación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com