Saltar navegación.
Inicio

Dinamización da Lingua Galega

A vivir que son dous días

28/05/2010

Hoxe tivemos a visita de varias ex-alumnas do Feal que agora están en 1º de Bacharelato en As Telleiras. Viñeron a representar a obra "A vivir que son dous días" que gañou o premio de Teatro de Bacharelato en Intercentros 2010. Agradecemos moito a visita e felicitámolas polo seu gran traballo, aínda que minutos despois de rematar, decían que lles saíra mellor noutras ocasións e que a iluminación do pavillón non axudou. Ademais do vídeo da actuación (recortado porque o límite actual en YouTube é de 10 minutos), engadimos a mensaxe que deixaron Carmen, Estela López e Belén no noso Libro de visitas uns días antes:

"Hola! Que tal todo por ahí? Aquí es todo distinto, hay pocos profesores tan buenos como vosotros .. no nos damos adaptado a este instituto, cada día nos gusta menos! Pero no cambiamos nuestras costumbres, otro año más nos presentamos a intercentros con una obra de teatro que pronto iremos a enseñarosla ahí, porque como ganamos nos dieron la oportunidad de representarla por los colegios de Narón y como no, uno de los primeros que elegimos fue el Feal, así que nada chicos en unos días nos tenéis ahí que ya tenemos muchas ganas de ver como os va todo :) Esperamos que os guste la obra y os haga pasar un buen rato, además, PERDEIS CLASE! jajaja Os sorprenderá el escenario, FLIPANTE!
Os echamos muchísimo de menos, no pensabamos que echaríamos tanto de menos a todos los profesores, aquí son unos estirados y nuestra tutora.. nada comparado con Marisa! Lo dicho, chicos en unos días nos vemos ;)

Un besazo de Carmen, Estela López e Belén"

Intercentros 2010

Intercentros 2010 - 4º de Primaria
Fai clic para ver máis fotos

28/04/2010

GRAZAS a todo o alumnado que participou no XXI Certame Intercentros do Concello de Narón. GRAZAS aos titores/as e profesores/as que ensaiaron, axudaron e colaboraron con estes nenos e nenas. FELICIDADES aos premiados/as:

  • O alumnado de 4º de Primaria coa obra "O tren viaxeiro" (nos vídeos de máis abaixo)
  • Adrián España Dopico de 4º de ESO co seu rap "Soños" (nos vídeos de maís abaixo)

Máis abaixo, hai seis vídeos encadeados de YouTube (os cinco primeiros gravados por Miguel Gracia de 4º de ESO e o sexto cedido polo CEIP Virxe do Mar) con todas as nosas actuacións.

http://www.youtube.com/playlist?list=PLE3B438855611F0A8

Quérote 2010

20/01/2010

O día de San Valentín xa está cerca e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón organiza o seu I Concurso de cartas de amor "Quérote 2010".

  • Podes ver as bases do concurso e enviar a túa carta na web do Concello de Narón.
  • A carta ten que estar escrita en galego.
  • A data límite de envío é o 10 de febreiro (ás 14:30).
  • O primeiro premio é de 100 €, o segundo de 75 € e o terceiro de 50 €.

Recomendo un vilancico en galego

María Anca, 22/12/2009

Quixera recomendar un vilancico dun disco xa de hai algún tempo dedicado ao nadal: O Quiquiriquí. A que canta é Guadi Galego, unha cedeiresa que comeza a destacar nos últimos anos no panorama da música galega.

Coñecías ao Apalpador?

Apalpador

14/12/2009

Pincha na imaxe para saber máis del e cóntanos que lle pedirías este ano para o Feal pinchando nos comentarios.

Regalemos galego 2009

Regalemos galego 2009
Fai clic para ver unha selección de agasallos en galego

14/12/2009

No CPI Vicente Otero Valcárcel (Carral), elaborououse o documento que achegamos entre o equipo de Normalización, o da Biblioteca e o alumnado de 3º e 4º da ESO. Trátase dunha selección de agasallos en galego pensando neste Nadal.

Traballos seleccionados nos concursos de debuxo de Nadal 2009/10

Postal 2009

Calendario 2010
Fai clic para ver o calendario completo

02/12/2009

Aquí tedes os debuxos gañadores deste Nadal. No concurso de postais, foi seleccionado o traballo de Aldara Castro (5º B de Primaria), mentres que os autores das árbores do calendario foron:

Xaneiro Lara Castro
1º de ESO A
Febreiro Miguel Hermida
1º de ESO B
Marzo Iwona Nakonieczna
1º de ESO C
Abril Susana Puente
2º de ESO A
Maio Marco Rodríguez
2º de ESO B
Xuño Tamara Caamiña
3º de ESO A
Xullo Ángel Soto
3º de ESO B
Agosto Marta Fernández
4º de ESO A
Setembro Cynthia Saura
4º de ESO B
Outubro Juan Daniel Leira
3º Diver.
Novembro Paula Soto
4º Diver.
Decembro Estefanía Barreiro
1º de ESO B

Grazas aos nenas e as nenas polo seu traballo, e aos titores e titoras porque sabemos que sen a súa colaboración isto non sería posible.

Concursos de Nadal

Nadal 2009

16/11/2009

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Feal convoca un ano máis os seus dous tradicionais concursos de debuxo de Nadal.

Para Infantil e Primaria:

  • O deseño da nosa próxima tarxeta de Nadal, en tamaño aproximado de 11 x 15 cm.
  • Poderanse entregar os debuxos ao titor/a ata o 30 de novembro.

Para Secundaria:

  • O deseño do calendario do ano que vén, que esta vez terá unha árbore diferente en cada mes.
  • A data límite de entrega das árbores será o 27 de novembro.

Agardamos polos vosos traballos. GRAZAS!

Alumnado elixido para o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

09/10/2009

Temos que agradecer a gran resposta do alumnado á convocatoria para renovar o equipo de Normalización. As prazas a cubrir eran só tres é aquí tedes os elixidos:

  • Marco Rodríguez Ocampo (2º ESO - B)
  • Martín Beceiro Díaz (2º ESO - B)
  • Uxía Muíño Díaz (1º ESO - A)

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido