Saltar navegación.
Inicio

Actividades complementarias e extraescolares

Excursión a Mera e Estaca de Bares

Excursión a Mera e Bares 2013

19/06/2013

José Manuel Timiraos envíanos unha nova presentación de kizoa; neste caso con imaxes da excursión que fixo recentemente o 3º Ciclo de Primaria, á Granxa do Souto (Mera) e Estaca de Bares.

Viaxe a Madrid de 6º de Primaria

Segovia 2013Fai clic para ver máis fotos

05/06/2013

A pasada semana, o noso alumnado de 6º de Primaria estivo visitando Madrid acompañado de Salvador Basoa e Andrés Cendán. Ademais, fixeron unha parada en Segovia (na ida) e outra en Ávila (á volta). Deixamos algunhas fotos (de Andrés Cendán) na nosa Galería.

Premiados no concurso literario sobre a froita

Concurso literario sobre a froita

29/05/2013

Xa temos os gañadores!!

No recreo do xoves, entregarémoslles o premio na Biblioteca de Secundaria. Todos os seleccionados como finalistas (os traballos están expostos na entrada do colexio) recibirán tamén un agasallo por participaren no concurso.

Categoría 1º premio 2º premio
Relato
(1º/2º de ESO)
Nerea Ameneiros (1º B)  
Poesía
(1º/2º de ESO)
Alicia Santos (1º A) Yaiza Méndez (2º B)
Relato
(3º/4º de ESO)
Lara Castro (4º A)
Christian Docal (4º A)
Poesía
(3º/4º de ESO)
Melina Castro (4º C) Diego García (4º A)

O humor e os dereitos da Infancia

O humor e os dereitos da Infancia

27/05/2013

Dende o luns día 27 de maio e ata o día 14 de xuño temos no noso centro a Exposición Itinerante O humor e os dereitos da Infancia, cedida polo Museo do Humor (Fene).

Trátase dunha exposición de humor gráfico na que se inclúe unha selección de debuxos de diferentes ilustradores/as de todo o mundo. Entre os artistas que expoñen, salientan nomes como Salas, Pinto e Chinto, Quico, Martirena, Malagón ou Elena Ospina (ao pé de cada obra está a ficha sobre o autor/a).

O obxectivo da mostra é facer reflexionar á sociedade sobre un tema tan importante como son os dereitos dos nenos/as.

É un proxecto iniciado polo Museo do Humor no verán do 2011: os autores colaboran de forma libre e altruísta, aportando a súa visión sobre cuestións como a educación, o xogo, o maltrato, ou o traballo infantil.

Cataluña 2013

Barcelona 2013Fai clic para ver máis fotos

22/05/2013

A semana pasada, o noso alumnado de 3º e 4º de ESO estivo de viaxe por Cataluña acompañado por José Piñón e Salvador Basoa. Polo que nos contan, foron uns días moi felices nos que se reforzaron moitas amizades e nos que non houbo ningún incidente. De momento, deixamos na nosa Galería algunhas fotos (de José) que a moitos farán sentir nostalxia das viaxes de cursos anteriores.

Distribución de froita fresca

Froita

15/05/2013

Ante o alarmante incremento da obesidade infantil e as enfermidades cardiovasculares dos adultos, a Unión Europea formulou un plan para a promoción de hábitos saudables como o consumo de froita desde idades temperás. Neste plan colaboran a Consellería de Sanidade e a de Educación e o noso centro solicitou a participación.

A vindeira semana a froita será a protagonista no CPI do Feal: ao saír ao recreo cada alumno recibirá unha peza de froita (laranxa, albaricoque, mazá, plátano e pexego). Teremos dous puntos de recollida dos desperdicios e haberá un grupo de alumnos voluntarios que ademais de repartir a froita entre os seus compañeiros, vixiarán que se respecte a limpeza do patio. Á parte dos días de consumo de froita, no centro estanse realizando distintas actividades que inciden no tema deste programa, e os alumnos están colaborando cos seus traballos creativos, dos que iremos dando conta.

Esperemos que esta campaña sexa un éxito e, sobre todo, que sexamos conscientes de que a froita é saúde.

Froitas 2013

Marcha ciclista 2013

15/05/2013

O noso alumnado de Primaria participou esta mañá na 6ª Marcha Ciclista Escolar do Concello de Narón. Dámoslle as grazas pola súa paciencia agardando pola saída e en xeral polo seu bo comportamento durante a actividade.

Temos algunhas fotos na nosa Galería, e un pequeno vídeo da saída que fai xa o número 100 do canal do Feal en YouTube (aberto o 16/01/2008).

Diario de Londres 2013

Big Ben 2013

Fai clic para ver máis fotos

29/04/2013

Aínda que as crónicas da última viaxe a Londres do Feal xa levaban bastantes días publicadas, quedaba por actualizar o álbum fotográfico, subindo o tamaño das fotos máis pequenas e engadindo outras novas. Temos 80 imaxes cedidas por Alba, Erica, Carlos e Carla. Moitas grazas aos fotógraf@s!!

Visita á EOI de Ferrol 2013

EOI Ferrol 2013

Fai clic para ver máis fotos

19/04/2013

O noso alumnado de 3º e 4º de ESO visitou hoxe a Escola Oficial de Idiomas de Ferrol. Ademais de coñecer a súa organización e parte das súas instalacións, asistiron a unhas pequenas clases introdutorias de portugués, italiano e alemán. Podedes ver máis imaxes na nosa Galería.

Crónica do cuarto día en Londres

Londres 2013

Fai clic para ver máis fotos

Alba Alonso, 19/04/2013

Como o voo saía pola tarde, puidemos aproveitar a mañá. Comezamos almorzando un típico English Breakfast nunha preciosa cafetería no mercado de Covent Garden. Todo estaba boísimo xa que o sitio tiña só produtos orgánicos. Aproveitamos para visitar as tendas e facer algunhas compras. Logo volvemos ao centro onde visitamos máis tendas como unha enorme da famosa marca M&M's de tres pisos!!! Collemos as provisións necesarias para a viaxe en Marks & Spencer e finalmente dirixímonos cara ao hotel para comezar a viaxe de volta á casa.

Como puidestes ver, foi unha viaxe intensa; vimos moitas cousas e quedamos realmente impresionados con Londres, tanto que no bus de volta todos querían volver!!

Quero aproveitar para felicitar ao alumnado polo seu excelente comportamento e o bo uso do inglés cando o necesitaron. Sodes os mellores!!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido