Saltar navegación.
Inicio

Actividades complementarias e extraescolares

Novo vídeo en proceso

Nadal 2014

03/12/2014

Esta mañá, o Equipo Audiovisual do Feal estivo revolucionando un pouco o centro unha vez máis para gravar un novo vídeo. Pedimos desculpas polas molestias e damos as grazas a toda a xente de Infantil, Primaria e Secundaria que colaborou; pero moi especialmente aos protagonistas: Álex Cagiao e Alba Rodríguez de 3º de Primaria, que fixeron un traballo fantástico cun sorriso permanente na cara.

Mañá aínda temos que gravar algún detalle adicional, e contamos con publicar o resultado pouco antes das vacacións de Nadal.

Marcha ciclista pola igualdade

Marcha ciclista 2014

25/11/2014

Esta mañá, o noso alumnado de 5º e 6º de Primaria participou na Primeira Marcha Ciclista pola Igualdade organizada polo Concello de Narón. O obxectivo desta iniciativa é visibilizar a loita contra a violencia de xénero. Debido ao longo percorrido, parte do alumnado tivo certas dificultades para completalo.

Marcha ciclista 2014

Magosto 2014 en Secundaria

15/11/2014

Deixamos aquí un pequeno vídeo do último Magosto de Secundaria. O tempo non daba garantías para asar castañas, pero foi suficientemente pacífico como para permitir xogar con todos os aparellos que conseguiu o profe de Educación Física Alberto Casal. Grazas por toda a colaboración.

Magosto 2014Fai clic para ver máis fotos

Día do Peón 2014

 

Día do Peón 2014

11/11/2014

Baixo o lema "Polo San Martiño, peóns ao camiño", a rede galega de xogo tradicional (Brinquedia) tratou de levar hoxe os peóns a todos os colexios galegos. No Feal, vimos bastantes dificultades para bailalos ben, aínda que había algún profe que non perdeu a habilidade da súa infancia.

Día do Peón 2014

Magosto 2014 en Infantil e Primaria

Magosto de Infantil e Primaria 2014

11/11/2014

Este ano tivemos un despiste co vídeo do magosto de Infantil e Primaria, pero agradecemos a montaxe de fotos enviada por José Manuel Timiraos. O tempo das castañas tivo que ser no patio cuberto debido á choiva, pero despois os rapaces puideron gozar de diversos xogos tradicionais grazas ao material que conseguiu o noso profe de Educación Física Alberto Casal.

Fotos e vídeos do Festival Fin de Curso 2014

Festival Fin de Curso 2014Fai clic para ver máis fotos

01/07/2014

Ademais dunha selección de fotos do noso último Festival Fin de Curso, xa están publicadas as gravacións en vídeo.

Pedimos desculpas polos fallos de coordinación na ambientación audiovisual de "O Pirimpimpín" e "A princesa Malena" ás organizadoras destas actuacións, así como polos pequenos fallos nalgunhas das gravacións.

Moitas grazas a todo o alumnado que participou nas actuacións, a todo o persoal que colaborou na organización, e ao Concello de Narón por cedernos unha vez máis o Pazo da Cultura (os seus técnicos fantásticos coma sempre!).

Lista de reprodución con todas as actuacións do Festival Fin de Curso 2014 do Feal

Xornada do Deporte 2014

Xornada do Deporte 2014

Fai clic para ver máis fotos

23/06/2014

Carreiras, baloncesto, fútbol... así celebramos un ano máis en Infantil e Primaria a Xornada do deporte o pasado 19 de xuño. Foi un aperitivo para a festa de fin de curso e serviunos para gozar xuntos do estupendo patio que temos no Feal: menuda sorte temos!

Vídeos de París 2014

20/06/2014

Publicamos xa os vídeos que gravamos en París na nosa viaxe da pasada primavera. O primeiro foi estreado no festival de fin de curso e é toda unha festa. O segundo xa é máis longo e relaxado, e resume o noso percorrido polas rúas parisinas.

Agradecemos a colaboración e entusiasmo do noso alumnado máis viaxeiro!

AU REVOIR!

(Subide a calidade a HD na rodiña de YouTube)

Premiad@s no concurso literario das froitas

Froita

16/06/2014

Posto que non houbo participación na categoría de RELATO, establecemos catro  premios en cada categoría de poesía:

  Poesía (1º/2º de ESO) Poesía (3º/4º de ESO)
1º Premio Andrei G. Penes (2º B) Yaiza Méndez (3º A)
2º Premio Alicia Santos (2º A) Cristina Bacelo (3º A)
3º Premio Sergio Riesgo (2º B) Ana Saavedra (3º A)
4º Premio Samantha Teijeiro (1º A) Aarón Pajón (3º A)

 

Esta mañá, fixemos entrega dos premios na Biblioteca de Secundaria, e tamén de agasallos para os finalistas (os traballos están expostos na entrada do colexio).

Premios da froita 2014

 

Marcha ciclista 2014

Marcha ciclista 2014

06/06/2014

Un grupo do noso alumnado de 3º a 6º de Primaria participou esta mañá nunha nova marcha ciclista organizada polo Concello de Narón. O tempo non acompañou moito, pero tanto os rapaces como os profes acompañantes pasaron unha animada xornada.

Marcha ciclista 2014

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido