Saltar navegación.
Inicio

Listas provisionais de comedor

10/07/2024

A partir do xoves 11 de xullo, poderedes consultar as listaxes de comedor de admitidos e de espera, no taboeiro de anuncios do centro.

O prazo de alegacións comeza o venres 12  e remata o xoves 18 de xullo.

Libros de texto 2024/2025

01/07/2024

Libros de texto e material didáctico impreso para o vindeiro curso:

Xubilación de Matilde e Luisa

Xubilación de Matilde e LuisaPreme para ampliar

29/06/2024

Onte despedímonos de dúas moi queridas compañeiras que deixan o Feal debido á súa xubilación, despois de moitos anos no centro: Matilde Alvariño Soto (mestra de Primaria) e Luisa Fernández Méndez (especialista en Audición e Linguaxe).

Os nosos mellores desexos para elas nesta nova etapa de ben merecido descanso. Moitas grazas polo voso exemplar traballo e un forte abrazo.

Quinto podcast do Son do Feal 2023-2024

Son do Feal

26/06/2024

Aquí tedes a última entrega do Son do Feal por este curso. Neste caso as estrelas das ondas son o alumnado de Infantil e o de 1º de Primaria.

Despedida da Promoción 2024

01/07/2024

Durante a tarde do pasado 21 de xuño, celebramos a graduación do noso alumnado de 4º de ESO, con numerosa asistencia de alumnado, profesorado e familias. Podedes ver algunhas fotos no álbum Graduación 2024 da nosa Galería, e fragmentos de vídeo en YouTube.

Parte da celebración, foi a proxección do seu vídeo de despedida, que foi organizado polo propio alumnado (cunha pequena axuda do profesorado).

Desde aquí, queremos agradecer a enerxía e a creatividade do alumnado desta promoción, que o venres incluso animou ao profesorado a continuar a celebración con eles despois do acto de graduación. Grazas tamén a todo o profesorado que axudou a decorar o acto dun xeito tan bonito.

Festival Fin de Curso 2024

11/06/2024

Xa temos unha lista de reprodución en YouTube coas actuacións do noso último Festival Fin de Curso. Queda pendente publicar o fantástico vídeo de despedida que dirixiu e editou o noso querido alumnado de 4º de ESO, pero vanse facer algunhas modificacións durante os últimos días do curso. Moitas grazas a toda a xente que participou no desenvolvemento do festival!

Grazas aos axudantes 2023-2024

Axudantes da Biblioteca de Primaria 2023-2024Preme para ampliar

25/06/2024

A Biblioteca de Infantil e Primaria quere agradecer o gran traballo dos axudantes do alumnado durante o curso 2023-2024.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido