Saltar navegación.
Inicio

Despedida da Promoción 2024

01/07/2024

Durante a tarde do pasado 21 de xuño, celebramos a graduación do noso alumnado de 4º de ESO, con numerosa asistencia de alumnado, profesorado e familias. Podedes ver algunhas fotos no álbum Graduación 2024 da nosa Galería, e fragmentos de vídeo en YouTube.

Parte da celebración, foi a proxección do seu vídeo de despedida, que foi organizado polo propio alumnado (cunha pequena axuda do profesorado).

Desde aquí, queremos agradecer a enerxía e a creatividade do alumnado desta promoción, que o venres incluso animou ao profesorado a continuar a celebración con eles despois do acto de graduación. Grazas tamén a todo o profesorado que axudou a decorar o acto dun xeito tan bonito.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com