Saltar navegación.
Inicio

Rockola de verán

Rockola

12/06/2009

Lanzamos a última rockola do curso: admítese calquera canción relacionada co verán, as vacacións ou incluso o desafogo en xeral; pero advertimos que as peticións de cancións de Georgie Dann ou similares non teñen ningunha posibilidade.

Peticións recibidas ata o momento:

  • Montse Lorenzo: Twisting by the pool (Dire Straits)
  • Natalia Villar: Moving (Macaco)
  • Delmi: Escuela de calor (Radio Futura) + Sitting on the dock of the bay (Otis Redding)
  • Mar González: Estoy aquí (Shakira)
  • María Anca: intro de Verano Azul
  • Víctor Novo: Dios salve al Conselleiro (Siniestro Total con Poch)
  • Ángel Carrera: Summertime (The Zombies)
  • Paloma García: Summertime (Janis Joplin con Jimi Hendrix)

QUE CHEGUE XA O VERÁN....

Pensando no verán, traeme moi bós recordos a canción dos británicos Dire Straits, que tanto temos escoitado e que leva por título "Twisting by the pool".

A estas alturas do ano todos temos ganas dun refrescante baño...que chegue xa con forza lorenzo, a ver se quenta ben e nos compensa polo ano que levamos... Bó verán a todos e recargade as pilas. Bicos.

Con todo mi cariño

Con todo mi cariño a nuestro conselleiro, Dios lo guarde muchos años por no dejarme hablar por ser profesor, ni dejarme opinar por no ser padre de niña en edad escolar. Si de verdad os gustó la canción, admirad a este otro gran vocalista: http://www.youtube.com/watch?v=d4B6Hu3z-4A

 

Mooooooooving!!!

Escollín esta canción para que nos contaxie de enerxía e neste verán non nos quedemos parados.
Moving, all the people moving, one move for just one dream...

Propóñovos dúas

Propóñovos dúas cancións ben distintas e atemporais para máis inri, que xustamente é o que mola da música. Coma sempre que pretendo colaborar nesta sección, véxome negra para elexir, así que sendo fiel á miña idiosincrasia de insatisfacción permanente, suxiro este estupendo par:
"Sitting on the Dock of the Bay" de Otis Redding
"Escuela de calor" de Radio Futura

Lembranzas veraniegas

Pois pensando na tranquilidade da hamaca, lembrei a miña estancia nunha idílica illa colombiana. A miña petición é dun vello tema de Shakira, "Estoy aquí" que semprá irá unido as imaxes daquel verán e ten o ritmo suficiente para eliminar o estrés. Mar

Verán azul

Para min - e a miña xeración, creo - trae moi bos recordos de veráns pasados a melodía intro da serie de Mercero Verano azul. Aínda cando vas andando en bicicleta en grupo che entran ganas de asubiala!

María Anca

Verán azul-rosa

Pois si, eu tamén gardo bonito recordo desa serie e todavía me gusta ver algún capitulo, e iso que xa "choveu", pero as emocións daquela etapa quedan aí... que sería da nosa adolescencia sen Chanquete e compañía... E cánto choramos co "final" dese verán!! Mar

Summertime

Unha das poucas cousas que me quedan por facer na vida é durmir a sesta nunha hamaca colgada dun par de árbores. A canción "Summertime" podería ser unha banda sonora perfecta para esta actividade. Aínda que se trata dun estándar do jazz dos anos trinta, eu quédome con esta versión que fixeron os Zombies británicos nos sesenta.

Janis

Non sempre estou dacordo con Ángel. Cousas que pasan. A mellor versión de Summertime (exceptuando a clásica de Ella Fitzgerald):

http://www.youtube.com/watch?v=EbGfwzMZAEM

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com