Saltar navegación.
Inicio

Rockola rosa

Rockola

A continuación, tedes os vídeos das peticións recibidas ata o momento de diferentes persoas do Feal para ambientar a semana rosa desta web. Como vedes, hai estilos moi distintos. Agardamos polas vosas peticións máis abaixo, nos comentarios deste artigo. Se pode ser, explicade por qué vos apetece escoitar a vosa elección.

Queres saber a quen corresponde cada petición?

  • Serrat: Mar González
  • The Cardigans: Gelu Porto
  • Pablo Milanés: Mercedes Taibo
  • Francis Cabrel: Montse Lorenzo
  • k.d. lang e María Callas: Paloma García
  • Sally Oldfield: Xosé Manuel Timiraos
  • Björk: Ángel Carrera
  • Robbie Williams e Coldplay: Delmi
  • Joaquín Sabina: Loli Abelleira
  • The Beatles: Lucía Moure
  • Fondo flamenco:Rebeca López (por fin unha alumna!!!!)

rOmpecabezas

hOla!! una canciOn muy bOnitA,,,!!! de fOndO flamencO*(alejandrO,antOniO,rafAel) :

http://www.youtube.com/watch?v=60vi4qnktCM

 A más de una persOna le hace pansar!!! besOs RubiiA*

Non podían faltar

Como pode ser que aínda ninguén propuxera algunha canción dos famosísimos The Beatles como o seu mundialmente coñecido "Yesterday", aínda que tamén apoio a opción de Sally Oldfield e a de Robbie Williams.
Un saúdo.
Lucía Moure

Admítese outra suxerencia??

Algunha alma caritativa podería colgar tamén un destes videos :
"Angels" de Robbie Williams
"Fix you" de Coldplay
Happy Valentine!
Delmi

Angels

Os teus desexos son ordes Delmi. O verán no que "Angels" soaba por todas partes, andaba eu por Edimburgo e unha noite pecharon o pub cheo de xente no que estabamos con esta canción. Foi impresionante ver como todo o mundo sen excepción deixaba o que estaba facendo para cantar Angels de principio a fin e a todo pulmón.  E xa que estamos en plan rosa, casualmente nesa viaxe comezou a relación coa miña parella.

Respecto a Coldplay, "Fix you" tamén é bonita, pero eu qúedome co "Yellow" dos seus inicios e o seu sinxelo vídeo dunha soa secuencia.

Aproveito para agradecer a participación musical das adultas e adultos neste recuncho... onde está o alumnado??

Ángel

Poñerse en plan rosa :-D

Grazas por compartir a túa vivencia con nós, Ángel. E dígoche unha cousa: o rosa séntavos moi ben ós homes(e ás mulleres, por suposto),sempre con moderación... que un pouco de merengue mola, pero moito empalaga. Felicítote polo bo gusto e polo amor sobre todo. ;-)
Delmi

k. d. lang / G. Puccini

Fíxome graza o contraste entre estes dous temas. Por un lado, o desenfado e a alegría de k.d. lang cun amor sen complicacións (por certo, a letra está inspirada en "As times goes by" da B.S.O. de Casablanca). E por outro, o amor tráxico da Madama Butterfly de G. Puccini, unha das arias máis impresionantes da historia da ópera. No apartado do departamento de música colguei os textos por se alguén se atreve a cantalos.
P.D.: alégrame moito e agradezo a adhesión de Delmi.

Paloma

 

Felicito a Paloma pola súa

Felicito a Paloma pola súa petición e únome a ela. A máis fermosa voz coa peza máis desgarradora. A miña favorita sen dúbida.
Delmi

PALABRAS DE AMOR

A miña elección foi este tema de Serrat porque me transmite moita tenrura e recolle de xeito moi sinxelo, a inocencia e a beleza do primeiro amor.

MAR GONZÁLEZ

All is full of love

A miña elección foi "All is full of love" da islandesa Björk. Ademais da beleza da canción, o vídeo demostra que tamén pode haber arte na tecnoloxía.

Ángel Carrera

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com