Saltar navegación.
Inicio

Libro de visitas 2016

Aquí quedarán gardadas todas as mensaxes publicadas no noveno ano do Libro.

Fin de curso 2016

Ola a tod@s!! Escribo esta mensaxe para saudar a todos os profesores do Feal e especialmente aos que me deron clase, xa que me foi imposible pasarme por aló o último día, e durante o curso aínda menos (foi un curso dificil). Tamén quería dar a noraboa a Ángel Carrera de novo por facer un boísimo vídeo de despedida da promoción deste ano. Chegáronme rumores da marcha de profesores pero non sei de cales; se non me equivoco teño a confirmación da de María Anca e Conchi (agradecería que se me confirmase quen máis); e a estas dúas profesoras quería dicirlles que Grazas por todo xa que ambas as dúas axudáronme moito e bótanse moito de menos (`calade a boca´....xa!!); nunca olvidarei eses recordos; recordos que sempre formarán parte de min xa que pasei (practicamente) toda a miña vida no Feal e iso NUNCA se olvidará. Por último quería dicir que xa non vos considero soamente coma profesores ou amigos senon como a miña familia, porque sempre me recibides cos brazos abertos. Un saúdo a todos e moita sorte ós profesores que marchan.

Un bico. David Muíño

Máis grazas a David

Grazas por seguir atento aos nosos vídeos e en xeral a todas nosas historias. Podes ver as profes que tiñan praza definitiva no Feal e agora deixan o centro na páxina 44 da nosa revista de 2016. De todas maneiras, hai máis profes que estiveron este curso con nós e non continúan. Alégrome de que quedases con tan bos recordos do Feal!

Moitas grazas, David!

Pero a min dáme ata algo de vergoña ler cousas así... alégrome de poder compartir tantas horas con xente coma ti! Case todas son divertidas aínda que sexan de traballo... espero que me dure ata que me toque xubilarme!

Bicos. María Anca

Felicitacións pola Radio Feal 2016

Benqueridos nenos de sexto de Primaria:

Quería felicitar aos vosos profesores e a todos vós por levar adiante a iniciativa de Radio Feal, e animarvos a continuar con esa marabillosa actividade.

Gustoume moito escoitar a primeira gravación e espero que o proxecto medre e teña cada vez máis seguidores.

Bicos

Teresa (unha nai)

Radio Feal 2015

Aclaramos que xa houbera traballos do noso alumnado de Primaria e Secundaria para Radio Feal en 2015: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpifeal/taxonomy/term/141

Felices Festas!!

Quería desexarlles todo o mellor aos meus compañeiros e profesores neste novo ano que acaba de comezar. Desexo que este ano llegue cheo de alegrías, esperanza e saúde para todos os vosos, risas e amor, e sobre todo paciencia, xa que todo esforzo ten un beneficio. Mandar un bo montón de bicos e apertas para todo o mundo, que está ou estivo no tan marabilloso lugar que é O Feal. 

Este ano estivo cheo de momentos únicos e marabillosos, con xente única e marabillosa, quero que todos os que lean isto saiban todo o que lles agradezo o que fixeron por mi neste ano, grazas pola axuda, as ensinanzas... e sobre todo polas risas. 

Felices Festas e Feliz aninovo 2016.

Un bico enormeee.Beso

Gabriel Pardo Buján. 

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com