Edu-Saúde
MENÚS DA SEMANA DAS CULTURAS
Esta semana no Cpi de Castroverde, estivemos celebrando a semana das culturas e dende o servizo de comedor aproveitamos para degustar menús novos propios de estas tres culturas. O mércores conmemoramos a cultura india, e poidemos saborear o polo tandori e arroz con uvas pasas. O xoves tocoulle á cultura marroquí, e comemos ensalada tabule, e o venres tocoulle á cultura latina, e degustamos unha fajitas recheas de arroz, polo e salsa de tomate, acompañados de ensalada de leituga. Gustounos probar comidas doutras países! Noraboa pola iniciativa.
Temos que dar as gracias ás nenas e nenos que participaron na decoración desta actividade.
CELEBRANDO O DÍA DA AUGA
O alumnado de 6 de E.I. estivo, durante o 2 trimestre, investigando sobre a auga ( elemento natural imprescindible na vida das persoas).
Durante o proxecto realizaron:
_ Saída polos arredores do colexio para complementar os contidos abordados. Visitaron unha fonte, un rego e un lavadoiro onde poideron lavar unha peza de roupa. Levaron á práctica os coñecementos que lles contaron as avoas, no encontro que tiveron con elas na súa aula, sobre o traballo de lavar a roupa nos seus tempos.
_Redactaron unha noticia sobre a auga na súa contorna, na semana da prensa.
_Como peche do proxecto e para celebrar o día da poesía e da auga, realizaron a actividade do "Apadriñamento lector", onde escoitaron da voz do alumnado de 5 de E. P., poemas de diversos autores que estaban relacionados coa auga.
CONSUMIDORES RESPONSABLES: A PATRULLA VERDE
O equipo "A patrulla verde", formado polo alumnado de 6 de E.I.estivo, durante o 2 trimestre, investigando os medios que están ao seu alcance para coidar o planeta e tamén a súa contorna:reducindo resíduos, reciclando e reutilizando.
Para sensibilizar ao resto da comunidade educativa e a veciñanza da necesidade de coidar da contorna, deseñaron unha pancarta que presentaron no desfile do entroido e agora colocaron no recinto escolar.
EDUCACIÓN VIAL EN PRIMARIA E INFANTIL
Que ben o pasamos aprendendo a circular cos nosos vehículos e como peóns tamén.