Edu-Excelencia
ARTELLANDO CON ARCIMBOLDO
Chegou o OUTONO e os nenos e nenas de 4 anos trouxemos froitos de outono para a clase. Clasificámolos, mirámolos, tocámolos e nomeámolos escribindo os seus nomes. E con todo estes froitos, decidimos facer unha obra de arte. Desta vez, fixámonos en Arcimboldo. Así de bonito quedou!
DE QUE ESTÁ FEITA A XEOSFERA?
O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO, levou a cabo, a pasada semana, a súa primeira práctica de laboratorio do presente curso.
Dita práctica consistiu:
- Identificación de rochas e minerais coa axuda dunha clave dicotómica.
- Estudo das propiedades dos minerais: brillo, dureza, diafanidade, composición química ...
- Clasificación de rochas en magmáticas, metamórficas e sedimentarias.
6º DE PRIMARIA NA DIGITAL WEEK
Alumnado de sexto de primaria, acompañados da nosa mestra de inglés, participamos na actividade de inmersión lingïstica Digital Week no centro de Os Peares. Ademais do noso centro participaron outras nove escolas de Panxón, Dozón, Rubiá, Meaño, Mugardos, Portomarín, A Rúa e Laxe. Alí coñecemos moitas persoas de outras culturas e alumnado da nosa comunidade.
Todas a formación dixital era en inglés así como a relación cos monitores.
Ademais das clases tivemos actividades máis lúdicas como unha camiñata, disco night, cassino, fashion parade, egg dropping, etc.
Aínda que ás veces tiñamos morriña da casa, en xeral pasámolo moi ben xuntos.
Proximamente engadiremos máis información sobre esta experiencia tan enriquecedora.
DÍA DE ROSALÍA EN 4º DE EI
Fai uns días celebramos o día de Rosalía, e esta data para nosoutros é moi importante. Estivemos traballando en moitas actividades que empezamos a amosarvos enseguida. Algunhas ainda as estamos rematando pero próximamente as ensinamos.
Neste vídeo fixemos o xardín de Rosalía. A primeira tarefa foi debuxar un xardín cheíño de flores para despois poñer a silueta de Rosalía enriba. Seguro que se o vira Rosalía íballe encantar. E a segunda actividade foi a participación nun mural grupal de todo o centro ó estilo Andy Warhol.
PROGRAMA EDU-EXCELENCIA
O centro docente como promotor da excelencia a través do afondamento nun ámbito de coñecemento. (EDUexcelencia)
A procura dunha educación personalizada baséase na promoción do óptimo resultado posible para cada persoa. Promover a excelencia equivale a facilitar os recursos educativos necesarios que permitan a cada alumno e alumna chegar tan lonxe, tan rápido, con tanta amplitude e con tanta profundidade como a súa competencia lle permita.
Nesta liña, cando se centran accións nunha área definida polos seus intereses e capacidades, aumenta a motivación do alumnado, que incrementa o seu compromiso, progresa na súa aprendizaxe e fornece as súas capacidades e competencias.
O futuro consiste en construír un ensino desde as paixóns e capacidades do alumnado que o axude a personalizar a súa aprendizaxe e a súa avaliación, de forma que se fomente o talento. Trátase de motivar aos estudantes para que sexan enxeñosos.