Mat-Lab
CHARLA SOBRE O XUDEO-ESPAÑOL
O luns 20 de novembro o alumnado de 3° de ESO, nas aulas de Lingua Castelá, asistiu a una actividade sobre o xudeo-español e os sefardís, impartida por Inma, profesora de Francés e Latín do noso centro e gran coñecedora desta temática.
Alén das moitas cousas que aprendemos sobre o xudeo-español, tamén nos ensinou a escribir os nosos nomes en hebreo!
DÍA DA CIENCIA EN 5º DE INFANTIL
Para celebrar O DÍA DA CIENCIA o alumnado de 4 anos, tamén quixemos aportar a nosa actividade. Desta volta o que fixemos foi experimentar o que pasaba se escribíamos con rotus nun folio e tamén en papel de cociña e despois mollábamos por enriba das líneas con auga. E observamos que non folio non pasaba nada, pero no papel de cociña si. E que era.... pois que a tinta dos rotuladores se movían polo papel e se extendían por donde a tinta quería, dependendo da cantidade de auga que lle botábamos, incluso chegaban a mesturarse as cores. E para ver como quedou tedes que premer no vídeo.
Seguro que seguimos investigando na ciencia porque nos encantan todos os experimentos.
DÍA DE ROSALÍA EN 4º DE EI
Fai uns días celebramos o día de Rosalía, e esta data para nosoutros é moi importante. Estivemos traballando en moitas actividades que empezamos a amosarvos enseguida. Algunhas ainda as estamos rematando pero próximamente as ensinamos.
Neste vídeo fixemos o xardín de Rosalía. A primeira tarefa foi debuxar un xardín cheíño de flores para despois poñer a silueta de Rosalía enriba. Seguro que se o vira Rosalía íballe encantar. E a segunda actividade foi a participación nun mural grupal de todo o centro ó estilo Andy Warhol.
PROGRA,A EDU-INNOVA
O centro docente como entorno innovador de aprendizaxe a través da mellora permanente. (EDUinnova)
A innovación educativa supón a achega de ferramentas aos estudantes para enfrontar os desafíos do mundo actual, non no sentido de saberes estancos, senón como competencias que posibilitan o desenvolvemento de novas capacidades e estratexias que apuntan á mellora continua.
Co obxecto de que o alumnado faga fronte con éxito ás constantes transformacións da sociedade, todas as persoas deben incorporar coñecementos, capacidades, competencias e actitudes que lles permitan acadar o pleno desenvolvemento persoal e social e continuar aprendendo ao longo de toda a vida.