Mat-Lab
MENÚS DA SEMANA DAS CULTURAS
Esta semana no Cpi de Castroverde, estivemos celebrando a semana das culturas e dende o servizo de comedor aproveitamos para degustar menús novos propios de estas tres culturas. O mércores conmemoramos a cultura india, e poidemos saborear o polo tandori e arroz con uvas pasas. O xoves tocoulle á cultura marroquí, e comemos ensalada tabule, e o venres tocoulle á cultura latina, e degustamos unha fajitas recheas de arroz, polo e salsa de tomate, acompañados de ensalada de leituga. Gustounos probar comidas doutras países! Noraboa pola iniciativa.
Temos que dar as gracias ás nenas e nenos que participaron na decoración desta actividade.
LECTURA CON FAMILIAS: BAMBI
Esta semana, retomamos a lectura en familias na aula de 4 anos. Nesta ocasión veu Esther, a mamá de Leire a ler o conto titulado, Bambi.
ANIMANDO A ESCRIBIR
disfrutamos escribindo gracias á i.a. de Isabel Pérez García
LECTURA EN FAMILIA: BAMBI
Esta semana, retomamos a lectura en familias na aula de 4 anos. Nesta ocasión veu Esther, a mamá de Leire a ler o conto titulado, Bambi.
NO EGGS HERE! OH DEAR!
"No eggs here! Oh dear!". Así din os animais e o neno que vai pola granxa intentando atpar ovos. Este conto escoitámolo varias veces en EI (incluso algúns dos nosos padriños viñeron contárnolo) ata que xa o sabemos de memoria. Por iso levamos este pequeno agasallo. Nel aparecen códigos QR que enlazan coa nosa versión do conto, o vídeo de Diana, Leonor e Carla así coma o de Ainhoa, Miguel e Alba. Tamén levamos o libro por turnos, para contar o conto nós directamente ás nosas familias.