Mat-Lab
A MULLER NA CIENCIA EN SEGUNDO DE PRIMARIA
O día da muller e da ciencia fixeron un traballo de investigación e realizaron este pequeno puzzle ca información.
LETRAS GALEGAS CON ÁNXELA GRACIÁN
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o CPI de CASTROVERDE invitou a unha escritora do concello, a Ánxela Gracián. E así, o alumnado de 5º Ed. Infantil, 1º e 2º Ed. Primaria, poidemos escoitar o relato dos seus contos: Gombó e o medo á escuridade, e Gombó e a viaxe á lagoa. Foi todo un pracer terte no noso cole. Moitas gracias Ánxela!!
A GALIÑA DE MOS VISITA CASTROVERDE
Dentro do plan Proxecta: Mestres Gandeiros, o alumnado de 5º ed. Infantil, estamos a facer un proxecto dos pitiños, que poderedes ver cando o rematemos. Pero agora vámosvos amosar como foi o proceso de incubar os ovos e a espera que se fixo eterna, eses 21 días non paramos de mirar para os ovos, e desde que sairon os 13 pitiños xa foi o máis incríble. Ver como medraban, como comían o penso e bebían a auga do bebedeiro, e como a mestra Elena lles cambiaba a "camiña" todos os días...