Reforzo da inclusión educativa
XOGOS COOPERATIVOS E CUÑAS MOTRICES
A iniciativa de Contratos-programa Inclúe (CPInclúe) constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, e en consonancia cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concretamente cos obxectivos 4 (Educación de calidade) e 5 (Igualdade de xénero), poidan desenvolver un plan de mellora no que poidan, en función das necesidades detectadas e do seu proxecto educativo, acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.
En definitiva, o fin último é lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver o máximo posible as súas potencialidades e, xa que logo, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia. Esta iniciativa consta de 5 actuacións:
- QUÉDA-T.
- IGUÁLA-T.
- CONVIVE-T.
- INCLÚE-T.
- EMOCIÓNA- T
Unha das actividades desenvolvidas, dentro do Departamento de Xeografía e Historia son os xogos cooperativos e as cuñas motrices. Trátase de pequenos tempos de xogo e movemento (de entre 5 e 10 minutos) que se realizan durante as clases para promover a convivencia e a inclusión, fomentar a colaboración e o traballo en equipo e facililtar a concentración e un ambiente positivo.
Un exemplo é este xogo cooperativo, no que o alumnado circula pola aula e debe agruparse nun tempo limitado en grupos dun determinado número de participantes. Deben colaborar para acadar o obxectivo, xa que gaña ou perde todo o grupo - clase.
O vídeo no que se desplazan entre as mesas da clase, pertence ao primeiro trimestre, no que o grupo de 1º da ESO aínda se estaba iniciando e todavía non era pertinente mover as mesas, posto que o ruido podería alterar o traballo dos outros cursos. Actualmente xa son capaces de desplazar as mesas e as cadeiras de forma coordinada e en silencio en menos dun minuto. No segundo vídeo vemos como realizan un exercicio de mover o mobiliario da aula, deixando despexado o centro para a realización dos xogos, sen facer apenas ruido. O reto é facelo en menos dun minuto e sen que a alarma do "Bouncy balls" (ese "shhhh" da pantalla que se escoita de fondo), salte máis de tres veces. Despois de realizar o xogo que estea programado para ese día, volvemos facer o reto do "Bouncy balls" de novo en menos dun minuto. En total, toda a actividade: apartar o mobiliario, xogo e volver a colocar todo no seu lugar para a seguinte clase, leva menos de 10 minutos.
Lonxe de resultar unha perda de tempo, é unha pequena inversión con resultados sorprendentes, especialmente en grupos coma este, numerosos e movidos.
DÍA DA PAZ. TRABALLO MANIPULATIVO EN 5º EI
CHEGOU O 30 DE XANEIRO, DÍA NO QUE CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, E NA NOSA AULA DE 5º ED. INFANTIL, TRABALLAMOS ESTA SEMANA DE MOITAS MANEIRAS. UNHA DELAS FOI EMPREGANDO MATERIAL MANIPULATIVO: IMAXES DE SÍMBOLOS DA PAZ E PEDRIÑAS DE CORES. ASIMESMO NOS SERVIU PARA TRABALLAR A LÓXICA MATEMÁTICA: SEPARAR POR CORES, POR TAMAÑOS, FACER SERIES, E TAMÉN PARA COLOCAR POR ENRIBA DO BORDE DOS SÍMBOLOS DA PAZ.
LECTURA COAS FAMILIAS: MIMI E A XIRAFA AZUL
Esta semana acompañounos na nosa biblioteca, Cristina, a mamá de Lara de 5º de Ed. Infantil. Para esta actividade, Lara escolleu este conto do que se fala da chegada á familia dun irmán cunha grave discapacidade. Polo tanto traballamos a diario os valores de respecto, inclusión, aceptación, axuda, colaboración, fomentando a comunicación, expresar e compartir sentimentos, e sobre todo transmitir unha visión positiva da discapacidade. Gustounos moito e vamos a traballalo na aula e xa veredes o resultado dentro dun días.