Club de Ciencia
HIPATIA DE ALEXANDRÍA: MATEMÁTICA, MAESTRA, INVENTORA, FILÓSOFA, ASTRÓNOMA...A PRIMEIRA MULLER DA CIENCIA
VÍDEO DO PROXECTO SOBRE HIPATIA REALIZADO POLO ALUMNADO DE 3º DE ESO
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CREATIVA: "A ESCOLA EN TEMPOS DE PANDEMIA"
FOTO GAÑADORA: "Non toques, non mires, non xogues: Comunidades de Aprendizaxe"
Autora: Ceibe de 1º de ESO
En grande, na parte central, están as fotos clasificadas en segundo lugar ("Lavado de mans" de Uxía de 1º de ESO) e en terceiro lugar ("Saúdos na pandemia" de Claudia de 3º de ESO)
Os tres primairos clasificados no concurso levaron vales para gastar na libraría, por valor de 40, 20 e 10 euros.
ENCONTRO INTERXERACIONAL PARA FALAR DA HORTA
Encontro para falar das súas hotas, entre os residentes do centro de maiores de Castroverde e o alumnado de 1º de ESO. Os consellos dos maiores sempre son acertados!
TRABALLO NO HORTO ESCOLAR: PRIMEIRO DE ESO
O alumnado de 1º de ESO plantou un castiñeiro, fóra do horto, e está facendo sementeiros para logo transplantar. Dani trouxo o castiñeiro, Ceibe os amorodos e estase facendo na clase o cultivo das fabas para poñer despois no horto.