Club de Ciencia
VISITA Á FACULTADE DE CIENCIAS
Visita do alumnado de 4ESO aos Laboratorios da Facultade de Ciencias dentro do programa "Ciencia para Xoves Investigadores".
INVESTIGACIÓN SOBRE A LÚA E AS PLANTAS
INFLÚE A FASE DA LÚA NO CRECEMENTO DAS PLANTAS?
CLUB DE CIENCIA E HORTO ESCOLAR
Na seguinte investigación realizada pola alumna Andrea Ruíz de 4º de ESO demóstrase que non ten base científica a crenza popular de que a fase da Lúa inflúe no crecemento das plantas. https://docs.google.com/presentation/d/1YyNLMgynwCtAOGHbbgv925m8Wwi7V_zXWg3m2ZIQzfw/edit?usp=sharing
APADRIÑAMENTO CIENTÍFICO:PRESENZA DE ALMIDÓN NOS ALIMENTOS
Os nenos e nenas de sexto de Primaria, acompañados da profe, fixeron unha visita ao laboratorio. Algúns nenos e nenas de terceiro da ESO, dirixidos pola profe de Bioloxía, explicaronlles como podían detectar a presenza de almidón en determinados alimentos. Empregaron o microscopio e resultou unha experiencia moi interesante. E o primeiro apadriñamento científico deste curso. Haberá máis.
ANA RAMOS E SANTIAGO PEREIRA FÁLANNOS DO CASTIÑEIRO
Hoxe tivemos a sorte de recibir a Ana Ramos e a Santiago Pereira da Universidade Politécnica.
Levan traballando como investigadores dende hai 23 anos e son Especialista nos castiñeiros. Con moito sentido do humor, autodefínense como o "CSI do castaño"!
Lembráronnos que a castaña xa estaba en Galicia antes da chegada da pataca. Explicáronnos as etapas do cultivo do castiñeiro e a historia do uso da madeira de castiñeiro que comezou coa cestería para transportar o peixe e que tamén tivo moito que ver cos mosteiros, xa que implantaron o cultivo dos castiñeiros para os viñedos: por unha banda precisaban ter pólas para levantar a viña e por outra banda usaban a madeira para fabricar bocois para transportar o viño.
Falaron tamén da recolleita, dos sequeiros, da historia das ouriceiras, das ferramentas tipicas para traballar , etc. Presentáronnos fotos do que pasa en Turquía xa que acaban de voltar dunha sorprendente viaxe de traballo aló. Grazas a eles, descubrimos os sistemas que usan para golpear os ourizos en Turquía.
A maiores de todo isto, presentaron as distintas variedades de castañas, os sabores, as que mellor pelan e deron datos concretos: hai unhas 150 variedades en Galicia e teñen diferentes contidos en azucres. As mellores variedades resultan ser as que non teñen división interna.
O máis interesante é que chegamos a escoitalos falar de xenética. Fan análises de ADN para averiguar de que variedade son e usan marcadores moleculares. Logo fan unha cuantificación para poder usar os datos en análises posteriores. É un proceso longo e caro que pode durar varias horas.
Ese traballo ten aplicacións interesantes, serve por exemplo para evitar fraudes nos viveiros!
Para rematar a ponencia falaron das saídas universitarias e laborais e da fundación Paideia de Sara Ortega. Foi un relatorio enriquecedor que espertou moito interese!
TERTULIA CIENTÍFICA DIALÓXICA: CURIOSIDADES SOBRE O ELECTRÓN
O 26 de outubro de 2022 a partir das 17:30 horas terá lugar unha tertulia dialóxica científica sobre o electrón. O texto da tertulia, sobre 5 curiosidades sobre o electrón, está no seguinte enlace:
https://javierguerreroruano.blogspot.com/2022/09/el-electron-10-curiosidades-que-no-te.html?m=1
As persoas que desexen participar na tertulia deberán conectarse a través de Webex co seguinte número 844560333.
As persoas que o desexen poden solicitar unha copia en papel no centro educativo.
(Actividade de excelencia)