Club de Ciencia

CONFERENCIA DE CARLOS PAJARES

 

O 4 de decembro de 2018 o físico e profesor da USC, Carlos Pajares, impartíu unha conferencia dirixida a todo o alumnado de educación secundaria titulada De que están feitas as cousas?. Nesta conferencia explicou detalladamente a composición da materia a medida que imos descendendo na escala de tamaños: moléculas, átomos, quarks, leptóns...e as interaccións fundamentais que se dan no noso Universo así como as partículas que as transmiten. Resultou particularmente interesante as explicacións sobre o traballo que se desenvolve no CERN.

Agradecemos ao eminente investigador que se desprazase ata Castroverde para dar a coñecer os descubrimentos que se están realizando en física de partículas, no CERN e o funcionamento do LHC.

Achégase a continuación a presentación realizada: DE QUE ESTÁN FEITAS AS COUSAS

ACTIVIDADES PARA TODA A COMUNIDADE

Mércores, 28 de novembro de 2018

9:45 a 10:35- Actividade de divulgación científica consistente na proxección de documental sobre a Relatividade de Einstein e charla explicativa.

Xoves, 29 de novembro de 2018

15.25 a 16.15- Tertulia literaria dialóxica sobre  Concepción Arenal, coordinada por Cristina González Grandas, no salón de actos do CPI de Castroverde. 

Martes, 4 de decembro de 2018

12:35-13:25- Conferencia do profesor Carlos Pajares da USC titulada De que están feitas as cousas.

Carlos Pajares é Dr. pola Universidade Complutense, foi investigador nas Universidades de París-Sur, Washington en Seattle e profesor titular na Universidade Autónoma de Barcelona e catedrático na USC. Foi Rector da USC no período 1984-1990. No período 2008-2012 foi delegado científico de España no CERN (Centro europeo de Física de Partículas) período no que se detectou o famoso bosón de Higgs. É Doutor Honoris causa pola Universidade Técnica de Lisboa e pola Universidade de Sant Petersburgo. O seu campo é o de Física de partículas.

Mércores, 12 de decembro de 2018

15:25-16:15- Conferencia do profesor Pablo Vila Lameiro da USC sobre Dendrocronoloxía.

Mércores, 19 de decembro de 2018

9:45-10:35- Conferencia do arquitecto de Castroverde, Marcos Rubinos, sobre A Beleza na arquitectura.

ESTRUTURA BÁSICA DAS CÉLULAS

CLUB DE CIENCIA

Os nenos e nenas de 6º de Primaria observaron a estrutura básica das células. Cada alumno/a sacou unha mostra das súas células da mucosa bucal (célula animal), fixeron unha preparación para observalas co microscopio dixital e levaron fotografías delas.

Para observar as células vexetais utilizaron una mostra que sacaron dunha folla de Iris. Nesta mostra tamén puideron observar, ademais da estrutura básica e a forma, cloroplastos (que conteñen clorofila), estomas e a parede celular.  

            Estomas en folla de Iris (400X)

            Epidermis de cebola (100X)

            Epidermis de cebola (400X)

            Cloroplastos en folla de Iris (400X)




 

                Células da mucosa bucal (400X)

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS: PRESENZA DE AMIDÓN EN DISTINTOS ALIMENTOS

 

Alumnos/as de 5º primaria coa colaboración dos alumnos/as de Bioloxía e xeoloxía de 4ºESOApadriñamento correspondente ao primeiro trimestre.

O amidón é un glícido (hidrato de carbono) de reserva da maioría dos vexetais e a fonte de calorías máis importante consumida polos seres humanos. Nos animais, de forma natural, non aparece.

Para investigar a presenza de amidón usamos Lugol, que é un detector específico do amidón e que contén iodo.

O amidón forma cadeas que se asocian como hélices entre as que queda atrapado o iodo do Lugol, aparecendo unha coloración violeta.

Estas hélices destrúense cando se quenta a solución de amidón, e a coloración desaparece. Esta inclusión é reversible e está condicionada pola temperatura, manténdose estable a baixas temperaturas.

 

Solución de amidón Solución de amidón+Lugol Quentar a solución

 

Os alumnos/as investigaron a presenza ou ausencia de amidón en distintos alimentos e anotaron os resultados. Como mostras usaron pan, patacas, maicena, fariña de trigo, cebada, mortadela, chopped, xamón de york, carne de polo, xamón cocido de calidade extra, salchichas, queixo, salchichón...

 

A coloración violeta apareceu en algúns embutidos de orixe animal por que se engade amidón na súa elaboración con distinta finalidade: dar sabor doce ao xamón de york, manter o produto zumento, mellorar a consistencia, textura e aparencia do produto, reducir custos … Esto pode suponer un problema por que comemos máis glícidos nos alimentos proteicos, pagamos os glícidos a prezo de proteínas, e no caso de persoas con problemas de saúde relacionados con algunhas fariñas, amidón ou amidón modificado.

 

APADRIÑAMENTO CIENTÍFICO: EXTRACCIÓN DE ADN

O día 28 de setembro, os alumnos e alumnas de 6º Educación Primaria, coa colaboración do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 3º ESO, fixeron a actividade correspondente ao primeiro trimestre

EXTRACCIÓN DE ADN

 

O ADN constitúe o material xenético dos seres vivos Asúa estructura é una parella de longas febras enroladas formando una doble hélice. Nel están escritas as instrucións que deben seguir as células para construir un organismo e mantelo vivo. No núcleo das células eucariotas aparece unido a proteínas formando a cromatina. A súa función é almacenar a información xenética (en forma de xenes) e transmitila da célula nai ás células fillas, e de pais a fillos.

 

 

Cada persoa ten a súa propia información xenética, herdada do pai e da nai. E, polo tanto, o ADN de cada persoa é único e constitúe as súas señas moleculares de identidade. O 99,9 % do ADN das persoas é idéntico, soamente nos diferenciamos nun 0,1 %. Pero non todo está escrito nos xenes, o ambiente xoga un papel importante.

O ADN encóntrase no interior do núcleo celular, moi repregado e unido a proteínas. Para extraelo será necesario homoxeneizar o tecido e romper as células para separar o núcleo, romper tamén a envoltura nuclear para liberar o seu contido e despois separar o ADN das proteínas que o protexen; por último, precipitalo para extraelo da solución. Unha vez feito isto, o ADN aparece como un agregado de fibras abrancazadas que se pegan a un pauiño.

Podemos extraer ADN de chícharos, cebola, plátano, kiwi, amorodo, fígado, células da boca… Os alumnos/as utilizaron chícharos.



Distribuir contenido