Comunidades de Aprendizaxe
ÁNGEL CARRACEDO
O 23 de xaneiro Ángel Carracedo explicou ás nenas e nenos de Educación Primaria o que é o ADN, onde está, a información que contén, como se realizan as investigacións forenses...e moitos mais conceptos ó mesmo tempo que realizaba un experimento que ilusionou moito ó alumnado. Ó final da sesión todas as nenas e nenos querían ser científicos!! |
Na foto o profesor Ángel Carracedo impartindo a conferencia sobre Xenómica no CPI de Castroverde. Á conferencia foi unha experiencia inesquecible para os participantes especialmente para o alumnado do CPI de Castroverde e do CPI de Cervantes. A comunidade educativa do CPI de Castroverde quere agradecer o Dr. Ángel Carracedo públicamente as actividades de divulgación realizadas, a ocasión de coñecer os últimos avances en ciencia de máximo nivel e súa cordialidade, humildade e calidade humana. |
Despois do remate das clases participamos nunha tertulia científica sobre o seu artigo "La revolución genómica". As aportacións dos asistentes, de múltiples ocupacións e procedencias e as intervenciones de Angel Carracedo foron unha experiencia de aprender ciencia única e motivadora que nunca esqueceremos. |
MOMENTOS DA CHARLA CON PRIMARIA |
CONFERENCIA CON SECUNDARIA
|
CONFERENCIA DE SANDRA RACIONERO- Formación do voluntariado
O día 15 de xaneiro de 2014 terá lugar unha Conferencia da Dra. Sandra Racionero (Universitat Internacional de Catalunya). Sandra Racionero ten un dobre doutorado en Psicoloxía da Educación e Currículum pola University of Wisconsin-Madison. Poden asistir todas as persoas que estean interesadas. Tratará sobre APRENDIZAXE dialóxica nas actuacións educativas de éxito. Terá lugar no salón de actos do CPI de Castroverde a partir das 16.30 horas. |
Conferencia do Dr. Angel Carracedo
Conferencia para alumnado de secundaria, familias e todo o público que desexe asistir. Será no salón de actos do CPI de Castroverde de 13:25 a 14:15 horas.
Dialogando sobre as ciencias cos nenos e nenas de primaria
O Dr. Angel Carracedo imparte unha charla e dialoga co alumnado de educación primaria no salón de actos de 12:00 a 13:00.
TERTULIA CIENTÍFICA CON ANGEL CARRACEDO
O 23 de xaneiro de 2014 o Dr. Angel Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Catedrático de Medicina Legal, director do Instituto de Medicina Legal de Santiago e Doutor Honoris Causa por varias universidades, estará no CPI de Castroverde. Ademais das conferencias que vai realizar pola mañá, participará, xunto con todas as persoas que desexen asistir, nunha tertulia científica sobre o artigo que se achega. Esta tertulia científica desenvolverase no salón de actos e terá lugar a partir das 16.25 horas. |
TEXTO que se comentará na tertulia científica
Máis información sobre Angel Carracedo: Vídeo 1 Vídeo 2
Horarios da conferencia da mañá aberta ó público e da charla e diálogo co alumnado de primaria.