Comunidades de Aprendizaxe
ACTIVIDADES APADRIÑAMENTO LECTOR 2014/2015
Felicitamos a padriños e afillados polas actividades de lectura compartida realizadas. Achéganse tamén os traballos elaborados conxuntamente polo alumnado de educación infantil e os seus padriños e madriñas lectoras.
TERTULIA DIALÓXICA ARTÍSTICA
O martes, 24 de marzo de 2015, na biblioteca escolar do CPI de Castroverde, terá lugar unha Tertulia Dialóxica Artística sobre a obra "El caballero de la mano en el pecho" que é un dos máis famosos retratos creados por Doménikos Theotokópoulos, El Greco.
Na biblioteca escolar hai unha reproducción da pintura orixinal.
A Tertulia estará coordinada polo profesor Daniel Díaz Trigo. Poden asistir todas as persoas que estean interesadas. Dará comezo ás 16.25 horas.
A ESTRUCTURA INTERNA DA TERRA POLO DR. JUAN RAMÓN VIDAL ROMANÍ
10.35 horas no salón de actos: Conferencia dirixida ó alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. DE 12:35 a 14:15 en ESO Poden asistir os familiares que queiran.
Tertulia Literaria Dialóxica
Tertulia Literaria Dialóxica sobre o libro Viaxe ao Centro da Terra de Xulio Verne. Terá lugar na biblioteca escolar do CPI de Castroverde.