Novas
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016
Publícanse as listaxes definitivas de persoas seleccionadas e de suplentes, así como os destinos, as datas de realización das estadías e as achegas familiares correspondentes en cada caso.
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS
Ven de publicarse no DOG do 16 de marzo, a Orde do 2 de marzo de 2015, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 17 de marzo e remata o día 16 de abril. |
O COLEXIO NO MÓBIL: UNHA APLICACIÓN PARA AS FAMILIAS
O CPI de Castroverde é centro piloto para probar a nova aplicación para teléfonos móbiles que poden utilizar as familias: "abalarMóbil".
Esta aplicación xa está activa no centro e pódese descargar dende Play Store (se o teléfono ten sistema operativo Android) ou dende a Apple Store (se é un iPhone). Despois de instalada, a aplicación solicitará sempre un pin para asegurar a privacidade do usuario.
As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
Esta nova vía de comunicación será implantada máis adiante no resto dos centros educativos galegos.
Animamos aos pais e nais a descargar e instalar esta aplicación no seu teléfono móbil.
Na seguinte ligazón pódese acceder a máis información:
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil
As instrucións para instalar e utilizar a aplicación "abalarMóbil" está nesta GUÍA PARA AS FAMILIAS.
COMEZO DAS CLASES
As clases empezarán o día 10 de setembro en Infantil e Primaria e o día 15 en ESO.
CONVOCADOS OS CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN
No BOE figura a convocatoria dos Campus Científicos de verán para alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC.