Proxecto de formación no centro
A XESTIÓN DAS EMOCIÓNS: UN RETO INDISPENSABLE PARA A EDUCACIÓN E A CONVIVENCIA
O 8 de marzo de 2016, a partir das 16:25 horas terá lugar unha sesión de formación conxunta dirixida a nais, pais, titoras e docentes que pretende dotar aos adultos coas ferramentas necesarias que axuden na difícil tarea de educar cada día. Tratarase de dar resposta a situacións que se abordan cada día na familia ou na aula.
Dado o interese dos contidos a tratar, animamos a todas as familias a asistir a este taller impartido pola profesora, psicóloga e experta en educación emocional Mª Carmen Loureiro:
Os-pais-deben-responder-aos-conflitos-dos-fillos-forma-firme-tranquila
CONVIVENCIA: SOCIALIZACIÓN PREVENTIVA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O 19 de febreiro de 2015, de 16.25 a 20.25, no CPI de Castoverde, terá lugar unha actividade de formación impartida polo profesor Marcos Castro Sandúa. Nesta sesión trataranse e debaterase sobre diversos temas que contribúen á socialización preventiva da violencia de xénero; é dicir, a fomentar unhas relacións libres de violencia. Analizaranse as raíces da violencia, o seu estreito vínculo coa atracción e como isto é o resultado dun modelo tradicional e maioritario das relacións afectivo-sexuais nas que todos e todas nos socializamos. Verase tamén como desde a escola se pode contribuír a construír un modelo alternativo e de éxito que faga posible unhas relacións afectivo-sexuais plenamente satisfactorias. O profesor Marcos Castro é profesor de Educación Secundaria e tamén profesor na Universidade de Barcelona, no Departamento de Teoría Sociolóxica. Desenvolve a súa investigación na liña da socialización preventiva da violencia de xénero desde o deporte e a Educación Física. Agradecemos ó profesor Marcos Castro Sandúa a colaboración que ten prestado ó longo dos últimos cursos a través das actividades realizadas co alumnado de educación secundaria do CPI de Castroverde, como experto nestes temas. Animamos a todas as persoas interesadas a asistir a esta sesión de formación que se impartirá a través de videoconferencia desde Barcelona e que terá lugar na aula de 6º de Educación Primaria do CPI de Castroverde. |
UTILIDADE DA NEUROCIENCIA EN EDUCACIÓN
José María Delgado García que é Catedrático de Fisioloxía da Facultade de Ciencias Experimentais da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla e Director da División de Neurociencias desta mesma Universidade realizou unha sesión de formación sobre neurociencia e educación no CPI de Castroverde. Realizouse na tarde do venres 31 de xaneiro e asistiron tanto docentes como nais e alumnas. Achégase un VÍDEO dun momento da súa intervención |
UTILIDADE DA NEUROCIENCIA EN EDUCACIÓN
A APRENDIZAXE E A MEMORIA DESDE UNHA PERSPECTIVA NEUROCIENTÍFICA
Animamos a asistir tanto ó profesorado como ás familias e alumnado a esta sesión de formación sobre os últimos descubrimentos científicos sobre a memoria, a aprendizaxe e os estados emocionais internos. Terá lugar o venres, 30 de xaneiro, a partir das 16.30 horas no salón de actos do CPI de Castroverde e estará impartida polo profesor José María Delgado García.
|
O profesor José María Delgado-García licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Sevilla, doutorouse en Medicina na mesma universidade, especializouse en psiquiatría e tras varios anos completando a súa formación en diferentes centros internacionais regresou a España para fundar o Laboratorio de Neurociencia da Universidade de Sevilla. A súa contribución máis importante no ámbito das neurociencias é a serie de estudios sobre aprendizaxe e memoria, cunha liña experimental que é orixinal do seu laboratorio e foi recoñecida pola revista Science como un dos dez descubrimentos máis importantes do ano 2006. O profesor Delgado foi presidente das Sociedades Españolas de Fisioloxía e de Neurociencias e polas súas contribucións científicas ten recibido varios premios como o XIII Premio Maimónides de Investigación Científica e Técnica. Actualmente é Catedrático de Fisioloxía da Facultade de Ciencias Experimentais da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla e Director da División de Neurociencias desta mesma Universidade. |
PLAN DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO
O noso centro contará un curso máis cun plan de formación permanente do profesorado, que ven regulado pola convocatoria da Consellería para o curso 20014/2015.
- « primera
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »