Proxecto de formación no centro

PROXECTO DE FORMACIÓN DO PROFESORADO NO CENTRO. CURSO 2019/20

Este curso as liñas de actuación serán:

- Diversidade e plurilingüismo.

- Proxectos xerais (Ciencias, Literatura e Artes).

- Igualdade.

Haberá formación de familiares. 

 

PFPP 2018/2019

O  CPI de Castroverde participa no curso 2018/2019 nun Plan de Formación Permanente do Profesorado que ten tres itinerarios formativos:

- Curso de Impresión 3D e i-Pad

- Seminario STEAM e Aulas Felices.

- Seminario sobre Plurilingüismo.

PFPP 2017/2018

O  CPI de Castroverde participa no curso 2017/2018 nun Plan de Formación Permanente do Profesorado que ten dous itinerarios formativos:

- Competencias STEAM, sobre  ciencias, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas a través do traballo por proxectos

- Convivencia: Aulas Felices

 

CONCURSO/ CONFERENCIA/FORMACIÓN CON JORGE MIRA

O día 11 de maio de 2016 terán lugar unha serie de actividades nas que contaremos co físico Jorge Mira que é catedrático de electromagnetismo na Universidade de Santiago de Compostela e un coñecido divulgador científico e presentador de varios programas de radio e televisión. Poderán asistir todas as persoas que estean interesadas en calquera das actividades. Terán lugar no salón de actos do CPI de Castroverde nas horas que se indican a continuación (horario estimado):


12:35-12:50- Os alumnos e alumnas e as persoas que o desexen faranlle preguntas sobre o seu  segundo libro de divulgación "¿A que distancia está o ceo?"
12:50-13:25- Os alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO resolverán problemas de cálculo matemático e  de razoamento.
13:25-14:15- Conferencia sobre "A relatividade do tempo: teoría da relatividade de Einstein"
16:25-18:30- Formación de docentes e familiares:“Achegas a extras de formación do alumnado nun mundo tecnolóxicamente desenvolvido”
A esta actividade de formación poderán asistir todas as persoas que o desexen, xuntamente co profesorado (familias ,outras persoas da comunidade, etc.). Os temas que se tratarán son os seguintes:

  • Avances tecnolóxicos para calcular a que distancia está o ceo.
  • Busca da emoción do descubrimento científico.
  • Identificación do contexto  e do obxectivo.
  • Potencial da biblioteca como espazo para a reflexión.
  • Estratexias de captación de atención.
  • Busca de exemplos gráficos: posta en escala.
  • Casos prácticos.

Distribuir contenido