Centro plurilingüe e auxiliar de conversa
LEARN BY PLAYING: INDIAN TRADITIONS
Hoxe adicamos parte da clase de inglés a coñecer máis a fondo as tradicións e cultura India.
A nosa auxiliar de conversa deseñou un wordwall con preguntas sobre unha presentación que vimos previamente.
As dinámicas de xogos facilitan a aprendizaxe e a inclusión ó ser altamente estimulantes e accesibles para todo o alumnado.
Na segunda parte da clase xogamos en parellas ó TIC,TAC,TOE reforzando estructuras que nos axudan a avanzar no uso da lingua inglesa e nas súas estructuras.
Foi un bo comezo de semana.
Deixámosvos o enlace por si queredes xogar na casa.
See you!!
https://wordwall.net/resource/62960224
A INDIA: CELEBRACIÓNS MÁIS IMPORTANTES
Como xa vén sendo costume no noso centro, aproveitamos a sorte de ter unha auxiliar de conversa para achegarnos pouco a pouco á súa cultura. Así, esta vez tocou aproximarnos ás principais festividades da India: Duwali, Holi, Dusshera, Independence Day, Republic Day, Lohri e Gandi Jayanti foron as celebracións sobre as que aprendemos un pouco.
Proximamente afondaremos máis nunha delas. Cal será?
ACHEGAMENTO Á CULTURA DA INDIA NA CLASE DE LINGUA INGLESA (Yoga)
O alumnado de 5º e 6º de primaria achegouse un pouco máis á cultura india grazas a Ritu, a auxiliar de conversa, que impartiu unha clase de yoga en inglés. De paso aproveitaron para recordar palabras e expresións relacionadas co esquema corporal e o movemento. A fase final de meditación tivo un efecto moi relaxante en todos os participantes.
HALLOWEEN CONTEST 2023
O departamento de inglés organiza de novo o concurso de HALLOWEEN.
Este ano deseñaremos ESCOBAS.Podemos adornalas con materiais de outono ou propio da festividade.
Non olvidedes poñer un nome á vosa escoba e etiquetala co vocabulario en inglés.
Anímate a facer a túa !! Vos esperan grandes premios e unha orixinal exposición de tódolos traballos tanto de Infantil,Primaria como da ESO.
Entrégalla á túa profesora entre o 25 e o 27 de outubro.
HAPPY HALLOWEEN,2023 !!