Centro plurilingüe e auxiliar de conversa

A DIVERSIDADE E INTERDISCIPLINARIDADE A TRAVÉS DO XOGO NA ÁREA DE LINGUA INGLESA

O alumnado de 1° ESO traballa en equipos heteroxéneos alternando distintos xogos de mesa axudándose entre sí.
Por outra banda, traballamos de xeito multidisciplinar experimentando co campo das ciencias  a través dun experimento  realizado na aula usando o inglés na recollida de datos e manexo de vocabulario  científico relacionado co experimento. 

 

 Felicitacións a todo o alumnado participante.

XINCANA INTERNACIONAL

 

En sexto de primaria fixemos unha xinkana por todo o centro. Cada equipo tivo que superar unha serie de probas en inglés, que nos ían levando polos diferentes espazos,  e nos permitiron conseguir as pezas dun puzzle que compuxemos entre todos os equipos.

LET'S GO TO THE UNITED STATES

Neste curso 20/21, Noah velounos da man a un montón de sitios interesantes e explicounos como é a súa vida nos Estados Unidos.

Preme na imaxe para disfrutar da visita.

WHAT'S THE ROLE OF OUR PETS ON LOCKDOWN?

A PROJECT WITH OUR STUDENTS IN 2nd ESO.

Who is your best confidant on  lockdown?

Students in 2nd ESO show us their personal lives  with an essential base in their emotions, their pets.These days, animals have become  their best close friends, the one with whom we laugh, cry or vent.

 

Distribuir contenido