Centro plurilingüe e auxiliar de conversa
THANKSGIVING 2021
O alumnado de lingua inglesa de secundaria celebrou o seu Thanksgiving con diversas e divertidas actividades como :
- A visualización dunha presentación do noso auxiliar de conversa nativo de USA donde iniciamos un increíble debate sobre a particularidade e orixe desta festa nos Estados Unidos.O alumnado participou activamente e disfrutou preguntando mil dudas e curiosidades.Chamoulles especualmente a atención o perdón que se lle concede a un deses pavos. Aproveitamos para repasar a sucesión dos últimos 3 presidentes de USA dada a curiosidades que amosaron.
-TEATRO:Interpretando 2 diálogos sobre a temática THANKSGIVING en tono humorístico por parellas ante o resto de compañeros e compañeiras.Os aplausos sonaron en todo o centro asi que aproveitamos para pedir disculpas pola euforia.
- Disfrutaron posteriormente dun KAHOOT sobre o centro de interese traballado donde a intriga e nervios se palparon ata o final.
En fin,unha xornada festiva donde, sin dúbida, temos que agradecer o interese e colaboración do noso auxuliar americano que tanto nos fai disfrutar ademais de acercarnos á sua cultura dende o interés ,motivación e o respeto.
As intervencións e participación no CPIP de Castroverde dende hai máis de 10 anos dos asistentes de conversa nativos forma parte do programa plurilingüe do centro en lingua inglesa e resulta unha ferramenta fundamental na mellora da competencia lingúistica en lingua inglesa do noso alumnado.
Gracias a todos os que deixastedes unha miguiña da cultura anglosaxona en nós.
SCIENCE WEEK
Dende o departamento de lingua inglesa levamos traballando dúas semanas a SCIENCE WEEK a través do noso ENGLISH SQUARE. Centrámonos no olvidado papel da muller científica expoñendo estadísticas para concienciar ó alumnado da necesidade de visibilizar os erros do pasado para crear un futuro mais igualitario e xusto. O alumnado participa activamente buscando e completando información dos paneis, facendo reseñas biográficas das grandes mulleres esquecidas ó longo da historia. Traballamos na aula co noso auxiliar de conversa vocabulario relacionado cos símbolos e signos matemáticos , visualizaron unha presentación sobre figuras femeninas históricas e asemade, resolveron retos de cálculo mental e resolución de problemas aplicando todo ese léxico. O reto semanal tamén xirou neste sentido xa que o alumnado debía reproducir oralmente unha serie de números mellorando as súas marcas de tempo de xeito personalizado. Atréveste ti co reto? Intentao co cronómetro, compite contigo mesmo e vai mellorando a túa velocidade.
Try it!!!
9
99
999
9,999
99,999
999,999
9,999,999
99,999,999
999,999,999
PREMIOS HALLOWEEN 2021!
HALLOWEEN 2021
ENGLISH SQUARE AT LAST!
Por fin volvemos disfrutar de novo do noso "ENGLISH SQUARE".
Tras case un ano e medio de parón con esta actividade por motivos de seguridade e protocolo Covid, empezamos a ver a luz volvendo a panelar os nosos muros didácticos. A idea de English Square naceu fai máis de 8 anos como un proxecto dinámico de clase onde os taboleiros non foran meramente expositivos, senón que o alumnado participase activa, creativa e dinamicamente a través deles. Deseñan materiais e resolven retos semanais onde a memoria, a investigación e as probas de velocidade contribúen a mellorar de xeito lúdico e dinámico a súa competencia na lingua inglesa. Forma parte dunha de tantas actividades que amparan o proxecto plurilingüe do CPIP de Castroverde.
Cada semana observamos o interese do alumnado por desplegar a lengüeta do sobre "DID YOU KNOW...?" que agocha o reto semanal.
E ti... estás preparado para o que aparecerá esta semana? Só hai unha pista. É un reto matemático. Aí queda a intriga...