Centro plurilingüe e auxiliar de conversa

CREATING ENGLISH KAHOOTS

O alumnado  de 2° ESO participou nesta actividade que ten por obxectivo manexar as novas tecnoloxías na área de LINGUA INGLESA.

Para iso, se dividiu a clase en grupos e se traballou previamente vocabulario moi técnico : upload,download,copy and paste,files,save,search,etc .

O alumnado foi formado previamente no manexo e uso desta ferramenta polo noso auxiliar americano Noah Forslund  para posteriormente crear de xeito autónomo o seu propio Kahoot de tema libre: Videoxogos ou Disney entre outros.

O último paso foi expoñelo e xogar competindo  co resto dos grupos .

 

Unha auténtica gymkhana tecnolóxica en inglés que aposta polo desenvolvemento da competencia tecnolóxica ademais da propiamente lingüística.

LET'S GO TO THE SUPERMARKET

O obxectivo final desta situación de aprendizaxe foi improvisar conversas de compra-venda no mercado (2 ou 3 clientes e 2 ou 3 tendeiros en cada posto) utilizando produtos reais, moedas de xoguete e outro tipo de realia (bolsas da compra, moedeiros, listas de compra, tickets...).

Previamente traballouse sobre o diñeiro, o custo das cousas en € e céntimos, comp reguntar prezos, conversas nas tendas en xeral.

Todos os alumnos e alumnas actuaron como tendeiros e como mercadores xa que fixemos a actividade en dous momentos diferentes, cambiando de papeis e en cada turno tiveron que procurar mercar todo o que tiñan nas súas listas polo que tiveron que visitar 4 tendas diferentes.

Fotos da actividade

LET'S TALK!

Trátase depequenas dramatizacións que buscan utilizar estruturas e vocabulario de uso habitual en pequenas conversas a partires de modelos traballados previamente. O traballo realízase en pequenos grupos. Hai unha fase de preparación escrita e outra fase oral de posta en práctica con cabida para un certo grao de improvisación, dependendo dos coñecementos previos e fortalezas de cada grupo. Utilízase esta situación de aprendizaxe a partires de terceiro de primaria.

Exemplos

FALANDO DE FALAR: CHATTING WITH NOAH FORSLUND

Proxecto elaborado de xeito interdisciplinar entre o departamento de música  e de inglés. Durante 6 sesións traballamos as distintas etapas deste proxecto.

SECUENCIACIÓN

INGLÉS: (4 sesións)

  • Fixemos un Brainstorming sobre preguntas que lle faríamos ó noso auxiliar se conversa de xeito individual.

  • Posteriormente seleccionamos aquelas que nos parecían  mais relevantes e desestimamos as que se repetían.

  • Pasamos despois a agrupalas por bloques en función  da súa vida personal, formación musical,experiencia didáctica  no noso centro.

  • Por último  a modo de asamblea  decidimos o orden de preguntas. Ensaiamos: Pronuncia, entoación, uso do micro…

MÚSICA: (2 sesións, ao principio e final)

1 :Organizar grupos e quendas

6: Gravación  de podcasts e edición de podcast.

Foi unha experiencia multidisciplinar fantástica con estreita colaboración  e sincronía entre ambos departamentos e plenamente enriquecedora para o desenvolvemento a nivel oral do noso alumnado á vez que funcionan como elemento integrador entre os distintos grupos, tanto ordinario coma de reforzo aportando cada un a súa pregunta ou ayudando a organizalas.

Infinitas gracias ó noso profesor de música Cándido Díaz que sempre colabora cos proxectos plantexados e nos asesora a nivel técnico.

Unha vez máis as TIC se ponen ó sevicio da nosa área  para conseguir resultados tan atractivos e motivadores como este. 

VOLTAMOS TRABALLAR EN GRUPOS INTERACTIVOS

Grazas á axuda do nos alumno de prácticas, do auxiliar de conversa e da PT, despois de que as restriccións pola pandemia se foron suavizando, conseguimos por fin empeazar a traballar de novo en grupos interactivos. E coma sempre, o alumnado mostrouse moi entusiasmado e traballou moi ben.

Distribuir contenido