Centro plurilingüe e auxiliar de conversa

TRABALLAMOS CON ROD CAMPBELL

 

En 6º de EI fixemos unha unidade didáctica sobre o conto "Dear Zoo" de Rod Campbell. Aprendemos moito vocabulario e estruturas en inglés pero tamén reflexionamos sobre o coidado dos animais de compañía e sobre as súas necesidades, que deben prevalecer sobre os nosos caprichos. Utiliza o QR para escoitar o conto contado por nós! Preme no enlace para ver os materiais.

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastroverde/aulavirtual/course/view.php?id=296

SAÍDA AO TEATRO E VELLO CÁRCERE

5º e 6º de primaria foron de excursión a Lugo para facer unha visita guiada no Vello Cárcere e asistir a unha obra de teatro en inglés. Foi unha saída moi interesante da que os alumnos disfrutaron e os profesores tamén. A obra en inglés preparouse previamente na clase empregando o material adxunto.

ÐAY OF PEACE, 30th January

O departamento de inglés de secundaria levou a cabo unha actividade para celebrar o día  da paz.

O alumnado investigou e recolleu información  sobre mulleres destacadas na historia de USA polo seu papel na loita polos dereitos civís e de xénero ó longo da historia.

Buscamos,descubrimos, contrastamos diversas fontes,expoñemos e completamos unha táboa de información  sobre figuras femeninas relevantes tales coma:

Susan B. Anthony, Rosa Parks  ou Ruth Bader Ginsburg entre outras.

Unha boa maneira de celebrar este día reflexionando e mellorando a nosa competencia comunicativa en lingua inglesa.

ENGLISH INCLUSIVE CALENDAR

Nova actividade do departamento de inglés de secundaria.Nesta ocasión traballamos cun calendario en favor da diversidade e da inclusión tanto no ámbito escolar como na sociedade.

Cada mes adicarémolo a unha palabra que fomente esa temática. Este mes correspóndelle a TOLERANCE. A través  dela, nos adentramos tanto en aspectos propiamente curriculares que lles axudan a mellorar a súa competencia comunicativa na lingua extranxeira, como emocionais contribuíndo a mellorar as relacións de respeto ,equidade e inclusión entre os distintos membros da comunidade educativa.

Cumprimos a través desta actividade  cun dos obxectivos e idearios que marcan o noso centro en busca da igualdade respeto e inclusión social. 

 

En nada vos asomaremos a vindeira palabra que será elixida polo alumnado da etapa.

FANTASTIC ANIMALS

 
En 3º de primaria fixemos este animalario fantástico baseándonos no libro: "The Mixed-up Chameleon" de Eric Carle. Agora cada alumno ou alumna da clase leva o libro un día para casa e pode escoitalo coas nosas voces gracias ao código QR que aparece na parte de atrás da portada.
Esperemos que vos guste.
Distribuir contenido