Dinamización da Lingua Galega
LECTURA EN FAMILIAS: UNHA FÁBRICA DE BICOS
Esta semana voltamos coas nosas lecturas en familia, e desta vez visitounos a familia de Alicia. E para a ocasión escolleron un conto super super... Titulase: unha fábrica de bicos. E que pensades que pasou? Pois que coma sempre nos encantou que as nosas familias se animen a vir a contar un conto. E que aprendemos? Pois que si queremos podemos ter bicos cantos queiramos e de sabores... dos que queiramos, porque no noso interior temos unha fábrica de bicos, para dar a que non queiramos.
Nesta ocasión fomos á aula Maker, espacio que nos encanta, porque ademáis de poder escoitar o conto deitado, sentado, de xeonllos, ou como nos apeteza, ten xogos moi moi moi divertidos. E así tamén aproveitamos para desfrutar deste espazo. Esperamos volver moi pronto!!!
O PEIXE ARCO DA VELLA
O PEIXE ARCO DA VELLA de María Jesús Pérez Fernández
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Na semana das Letras Galegas o alumnado de infantil e primaria elaborou un mural ilustrado con varios debuxos e unha caricatura, no que se recollía información sobre a vida e obra de Luísa Villalta.
O alumnado de secundaria realizou traballos sobre a vida e obra das escritoras galegas homenaxeadas no Día das Letras Galegas.
Na biblioteca expúxose unha selección de obras das escritoras recoñecidas no Día das Letras Galegas.
LETRAS GALEGAS FEMININAS
Para celebrar o Día das Letras Galegas fixemos unha tertulia literaria titulada : "Letras Galegas Femininas". Os textos ,na súa maioría poéticos, pertencían ás seis autoras ás que se lles leva adicado esta festividade .Asistiu o alumnado de 3° e 4° ESO que comentaron os textos ,deron a súa visión sobre o contido deles , reflexionando e relacionándoo con situacións moi actuais.