Actividades de secundaria
PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL
Conferencia do Plan Director da Garda Civil sobre Acoso Escolar e perigos de Internet dirixida a alumnado de segundo de ESO.
ARTE CON SOMBRAS
Este trimestre, na aula creativa, realizaremos arte con sombras. O alumnado poderá desenvolver as súas propias creacións proxectando sombras na parede con diversos obxectos, preferiblemente de refugallo. Valoraremos a súa relación cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible, pero poden realizarse tamén co gallo doutras convocatorias:
- Concurso do Samaín ata o 24 de outubro.
- 20 de novembro Día Universal da Infancia.
- 25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
- 3 de decembro Día Inernacional das Persoas con Discapacidade.
- 10 de decembro Día Internacional dos Dereitos Humanos
Poderán ser tamén de tema absolutamente libre.
As mellores pezas compartiranse nas redes sociais do centro e na páxina web. A finais de trimestre, as mellores obras recibirán un premio
O ALUMNADO DE 1º DE ESO APRENDE OS ODS XOGANDO
O alumnado de 1º da ESO aprende os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible xogando. Os xogos cooperativos axudan a mellorar a convivencia e a cohesión do grupo, así como a crear un bo ambiente de aula. Nesta ocasión representaron un Obxectivo de Desenvolvemento Sostible con cada movemento do paracaídas.
FACENDO O CAMIÑO PRIMITIVO
Despois de 2 anos de pandemia, conseguimos este curso facer un tramo do Camiño Primitivo, alumnado e profesorado de ESO, cun percorrido de 11 Km, dende a Fontaneira ata Castroverde, parando no Cádavo para tomar as dez, e xantar en Vilabade.
Foi unha experiencia moi bonita que intentaremos repetir para o próximo curso, continuando desde Castroverde ata Soutomerille.