Actividades de secundaria
DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
O día 2 de abril, coincidindo co comezo das vacacións de Semana Santa, celebrouse o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. A profesora de Xeografía e Historia dedicou unha das súas clases de cada curso nesta primeira quincena de abril, para facer chegar ao alumnado da ESO as características que poden ter as diferentes personas que se atopan dentro do amplio espectro autista. Para conseguilo empregou diferentes vídeos nos que as propias persoas con TEA, verbais ou non verbais, explican ben directamente ou por medios informáticos, en que consiste estar no espectro. Asimismo explicou os casos de autismo existentes na súa propia familia e diferentes aspectos a ter en conta para unha convivencia sen exclusións.
A OLA DE REGA
Nas clases de Proxecto Competencial, estamos a falar dos problemas de abastecemento de auga e traballamos sobre a película A fonte das mulleres.
Nese contexto, hoxe o alumnado descubriu coa profesora de francés un obxecto cuxa existencia ignoraban.
Trátase da "ola de rega". As olas entérranse e permiten manter as plantas hidratadas a longo prazo, sen desperdiciar a auga durante os períodos de seca.
É un invento francés en auxe que aínda é descoñecido aquí e que resulta moi útil para o uso eficiente da auga nos cultivos. Interésanos moito para as nosas hortas que sofren os efectos do cambio climático.
Agora ímolo probar no noso horto e facer estudos comparativos!
SEMANA INTERNACIONAL DA FRANCOFONÍA
Esta semana a nosa super biblioteca tamén celebra a semana Internacional da Francofonía!
Para a ocasión, además da xa tradicional proposta de lectura ( por certo, agora tamén poden levar DVDs en francés para casa!), a profesora da materia preparou unha actividade cultural lúdica: para comezar fixo unha selección de fotos de monumentos emblematicos e de persoas famosas de Francia. A continuación transformou as fotos en espirais como se fosen discos, xa que o título da exposición é "Si la France était une chanson".
O alumnado tivo que observar, buscar e emparellar as espirais coas fotos reais e facer unha búsqueda na rede para identificar cada persoa e cada lugar.
Ademais de pasalo ben con ese orixinal desafio, souberon organizarse, colaboraron, descubriron cancións & moitas outras cousas e conseguiron identificar a gran maioría das fotos. Parabéns para eles!