Actividades de secundaria

TEATRO EN LINGUA INGLESA

O vindeiro luns 8 de febreiro o alumnado de 1º e 2º ciclo de secundaria asistirá á representación teatral da obra en inglés " Messenger friends " que terá lugar no colexio San Xosé de Lugo ás 11.15 da mañá.

A compañía teatral Eina d´Escola realiza a 25ª campaña de teatro para escolares cun espectáculo divertido e didáctico que posibilita que o alumnado aproveite as ventaxas que supón asistir a unha representación en directo.

 

Quérote

 

O venres 7 de novembro desenvolveuse no centro un obradoiro de información afectivo-sexual para o alumnado de 4º curso da ESO. O evento foi desenvolvido polo persoal da Rede de centros "Quérote", orientados á promoción da saúde sexual impulsando servizos asistenciais, de asesoramento e de carácter informativo no tocante a actitudes afectivas, cognitivas e condutuais. Para facer consultas de xeito confidencial dispón dun teléfono de información 902 14 16 17. Ou na web da asociación.

 

Distribuir contenido